Nº 375 (2014)

Xosé María Díaz Castro

Chegamos ó número 375 do noso Boletín, nesta ocasión dedicado, en boa parte, á obra poética de Xosé María Díaz Castro, protagonista do Día das Letras Galegas do ano 2014. Para este mester, o Boletín convocou un número relativamente elevado de estudosos da poesía de Díaz Castro, unha boa parte deles vellos e moi atentos lectores de Nimbos e doutros poemas seus. Pensamos que a presente publicación é un digno colofón do labor crítico e erudito que suscitou a obra literaria de Xosé María Díaz Castro ó longo de 2014.

Como noutros números, o Boletín acolle moi valiosas colaboracións na sección de “Traballos de investigación e estudo”, novidosas, por outra parte. Tamén acolle estudos importantes lidos ou ditos en xornadas da nosa Academia sobre dúas personalidades moi presentes nas nosas publicacións: Xoán Manuel Pintos e Castelao.

Non faltan as seccións obrigatorias do Boletín, nunha delas, a máis extensa, referida á vida oficial da Academia.

Pensamos, dito sexa coa debida ponderación, que o presente número do Boletín da Real Academia Galega constitúe unha achega que han de agradecer os estudosos dos escritores e dos temas abordados nel.

A nosa gratitude ós autores e ás autoras dos traballos que o Boletín se honra en publicar.

Xesús Alonso Montero

Número completo

Ver ou descargar o número completo PDF

Táboa de contidos

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Armando Requeixo
PDF
13 - 29
Carmen Blanco
PDF
31 - 35
Luís González Tosar
PDF
37 - 46
Félix Villares Mouteira
PDF
47 - 64
Xesús Manuel Valcarcel
PDF
65 - 78
Xosé Manuel Salgado
PDF
79 - 85
María Xesús Nogueira Pereira
PDF
87 - 95
Alfonso Blanco Torrado
PDF
97 - 104
Xesús Alonso Montero
PDF
105 - 118

Alocucións académicas no Día das Letras Galegas

Lingua literaria e galego popular en Díaz Castro
Xosé Luís Regueira
PDF
121 - 128
Un poeta e un libro
Darío Xohán Cabana
PDF
129 - 134
Raíces da poesía de Díaz Castro
Xosé Luís Franco Grande
PDF
135 - 143

Traballos de investigación e estudo

Beatriz García Turnes
PDF
147 - 170
Juan Félix Neira Pérez
PDF
171 - 192
Xosé Ramón Barreiro Fernández, Xosé Luís Axeitos, Ricardo Axeitos Valiño
PDF
193 - 229

Xornadas Castelao

Xosé Díaz
PDF
233 - 237
María Pilar García Negro
PDF
239 - 249

Homenaxe a Xoán Manuel Pintos

O Sarmiento exhumado por Pintos, precursor do rexurdir de Galicia
Xosé Luís Axeitos
PDF
253 - 256
Xoán Manuel Pintos: eloxioe vindicación da lingua de Galicia
Rosario Álvarez Blanco
PDF
257 - 262
A primeira formulación teórica do galeguismo
Xosé Ramón Barreiro Fernández
PDF
263 - 265
De Pintos: sobre un heterónimo (o gaiteiro) e outras cousas
Xesús Alonso Montero
PDF
267 - 277

Recensións

Léxico mariñeiro de Cedeira: memoria e esperanza de Xavier Rodríguez Vergara
Xesús Ferro Ruibal
PDF
281 - 286

Vida oficial

Vida oficial da RAG
Real Academia Galega
PDF
289 - 371