Envíos

Necesita Ir ao inicio de sesión ou Rexistrarse para realizar un envío.

Listaxe de verificación para preparar envíos

Como parte integrante do proceso de envío, os autores/as teñen que asegurarse de que o seu envío cumpra todas as condicións que veñen a continuación. No caso de non se seguiren estas directrices, os envíos poderanse devolver aos autores/as.
  • O envío non se publicou anteriormente nin se presentou antes a ningunha outra revista (de non ser así, debe dar una explicación ao respecto en «Comentarios ao editor/a»).
  • O arquivo do envío está en formato OpenOffice, Microsoft Word, RTF ou WordPerfect.
  • Sempre que foi posible, proporcionáronse URLs para as referencias.
  • O texto ten un espazo interlineal simple; un tamaño de fonte de 12 puntos; emprega cursiva no canto de subliñado (agás para os enderezos URL); e todas as ilustracións, figuras e táboas están inseridas nos lugares correspondentes do texto e non ao final.
  • O texto cumpre os requisitos estilísticos e bibliográficos descritos en Directrices para os autores/as, que se atopan na sección "Sobre a revista".

Directrices para o autor/a

O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) é unha publicación anual que recolle traballos de investigación centrados en distintos aspectos da lingua, cultura e a literatura galegas, e mais outros contributos arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.

As persoas interesadas en enviar artigos para a súa publicación no BRAG deberán seguir as seguintes normas:

  1. A lingua de publicación é o galego.
  2. Os traballos deberán conter material inédito e non presentado para a súa publicación en ningún outro medio de difusión. O prazo para o envío de orixinais estará aberto durante todo o ano. A secretaría do Boletín comunicará a recepción dos orixinais. Tras a fase do revisión comunicarase o número do BRAG no que aparecerá publicado cada traballo.
  3. Os traballos deben remitirse ao enderezo electrónico: publicacions@academia.gal. Deben vir acompañados dos seguintes datos: nome, apelidos, afiliación, ORCID (no caso de dispoñer del), correo electrónico, título do traballo, resumo, palabras chave, e referencias bibliográficas, tanto en galego como en inglés.
  4. O texto deberá entregarse en versión definitiva. Unha vez recibidos os orixinais non se permitirá facer modificacións nin engadidos que afecten significativamente ao proceso de edición.
  5. Os artigos e as notas deberán ir encabezados da seguinte maneira:
    • Título do artigo ou da nota: centrado con minúscula negra de corpo 12.
    • Nome e apelidos do/a autor/a: debaixo do título, centrado, con minúscula e cursiva de corpo 12.
    • Universidade (ou centro de traballo) á que pertence o/a autor/a e ORCID: debaixo do nome, centrado, con minúscula redonda de corpo 12.
    • Breve resumo (máximo 200 palabras) e palabras chave (entre 3 e 5) do artigo ou nota na lingua en que está escrito e en inglés. Se o autor ou autora ten algún tipo de dificultade na tradución poderá poñerse en contacto co equipo editorial do Boletín para que se encargue de dita tarefa.
  6. O corpo utilizado nos parágrafos normais do texto será 12, con entreliñamento sinxelo e cunha extensión dun mínimo de 20.000 e un máximo de 50.000 carácteres por artigo.
  7. As citas textuais que se fagan dentro do texto principal deberán adoptar dous formatos diferentes: se non superan as tres liñas, irán dentro do parágrafo, co mesmo tipo de letra, entre comiñas; as citas máis longas poñeranse en pará- grafo á parte, sen comiñas, con sangría pola esquerda e letra de corpo 10. En ningún caso se empregarán as cursivas.
  8. As táboas, cadros ou materiais gráficos irán numerados correlativamente (Táboa 1, Táboa 2 etc.) e levarán un encabezamento conciso. No texto principal incluiranse as referencias a estes materiais. Deben acompañarse do recoñecemento da fonte e da autoría, e, no seu caso, dos correspondentes permisos de uso e reprodución. As fotografías, mapas, debuxos e gráficos deben presentarse con calidade para seren impresos; terase en conta que a edición impresa do BRAG publícase a unha tinta.
  9. As notas do texto principal situaranse ao pé e estarán numeradas de xeito correlativo, en corpo 10. Non se incluirán aquí as referencias bibliográficas por extenso.
  10. As citas dentro do texto deben introducirse entre parénteses, de acordo co seguinte formato (Apelido, ano, n.º de páxina). Exemplo: (Barreiro, 2012, p. 156). Evitaranse as formas tipo op. cit., ibidem etc.
    Os nomes dos autores citados poderán ir dentro do propio texto, e non entre parénteses, en casos semellentes aos do seguinte exemplo: “Como xa sinalou Barreiro (2012, p. 50), a literatura...”.
  11. Todas as citas do texto debe estar recollidas nun apartado final de Referencias bibliográficas, de acordo á última versión actualizada das normas de referencia de Harvard (2020). As citas compoñeranse da seguinte maneira:
    • Libros:
      • Apelido(s), Nome (Ano). Título. Edición (se non é a primeira). Lugar de publicación: responsable da publicación.
        Barreiro Fernández, Xosé R. (2012). Murguía. Vigo: Galaxia.
      • Apelido(s), Nome e Apelido(s), Nome (Ano). Título. Edición (se non é a primeira). Lugar de publicación: responsable da publicación.
        Piñeiro, Ramón e Losada, Basilio (2009). Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Vigo: Galaxia.
      • Apelido(s), Nome (Ano). Título do traballo. En: Nome Apelido(s), ed(s). Título do libro. Edición (se non é a primeira). Lugar de publicación: responsable da publicación, rango de páxinas.
        Cochón, Iris (2003). Lois Pereiro. En: Arturo Casas, ed. Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000. Lugo: Editorial TrisTram, 661-682.
    • Artigo de publicación periódica:
      • Apelido(s), Nome (Ano). Título do artigo. Nome da revista. Número, rango de páxinas.
        Rodríguez Fer, Claudio (1980). O fonosimbolismo na poesía de Novoneyra. Grial. 68, 144-160.
        Martínez González, Xurxo (2018). A obra de Saco Arce no contexto do Rexurdimento. Boletín da Real Academia Galega. 379, 419-462. https://doi.org/10.32766/brag.379.741
    • Web:
      • Apelido, Nome (Ano). Nome da web. [Data de consulta]. Dispoñible en: url
        TILG = Santamarina, Antón (dir.) (2006-). Tesouro informatizado da lingua galega. [16/IV/2021]. Dispoñible en: http: //www.ti.usc.es/TILG/].
  12. O Comité de Redacción reserva o dereito de facer leves alteracións nos traballos recibidos coa única finalidade de corrixirmos erros mecánicos ou lingüísticos.
  13. Tras unha comprobación inicial do traballo realizada polo/a editor/a, solicitaranse informes de avaliación a expertos externos e/ou membros do comité científico, mantendo o anonimato do autor ou autora e das persoas avaliadoras (dobre cego). O seu ditame será decisivo para a súa inclusión no BRAG, aínda que será o Comité de redacción o que decida sobre a publicación.
  14. O proceso de avaliación desde a recepción do orixinal ata a resposta ao autor ou autora non durará máis de dous meses. No caso de que o traballo precise correccións, á vista dos informes emitidos, o Comité de redacción do BRAG poderá incluír na comunicación unha listaxe coas súas propias recomendacións. O novo traballo, cos cambios introducidos, deberá ser enviado nun prazo máximo dun mes. A nova versión do traballo será enviada de novo aos revisores, que, nun prazo de quince días, emitirán un novo informe sobre a conveniencia ou non da publicación.
  15. Os autores recibirán as primeiras probas para corrixir. Admitiranse só correccións tipográficas e ortográficas e, sempre a xuízo dos editores, aqueles engadidos ou eliminacións de texto que non afecten á maqueta da publicación.
  16. A entrega dos traballos para a publicación no BRAG implica a cesión do seu dereito de explotación e copia. Esta cesión ten por finalidade a protección do interese común de autores e editores.
  17. O Boletín da Real Academia Galega non se responsabiliza do contido de ningún traballo e o feito de patrocinar a súa difusión non implica, necesariamente, conformidade coas teses expostas. O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Os traballos que se propoñan para publicar teñen que ser orixinais e non deberon ser publicados anteriormente noutro formato ou idioma, nin deben estar postulados ou aceptados para a súa publicación noutra revista. Publicaranse en galego. Todos os traballos recibidos serán examinados de forma anónima por avaliadores externos.

Traballos de investigación e estudo

Os traballos que se propoñan para publicar teñen que ser orixinais e non deberon ser publicados anteriormente noutro formato ou idioma, nin deben estar postulados ou aceptados para a súa publicación noutra revista. Publicaranse en galego. Todos os traballos recibidos serán examinados de forma anónima por avaliadores externos.

Recensións

Esta sección reúne recensións descritivas e/ou críticas de publicacións resultantes de procesos de investigación ou ensaísticas dunha certa actualidade. Os traballos que se propoñan para publicar en “Recensións” teñen que ser orixinais e non deberon ser publicados anteriormente noutro formato ou idioma, nin deben estar postulados ou aceptados para a súa publicación noutra revista. Publicaranse en galego. Todos os traballos recibidos serán examinados de forma anónima por avaliadores externos.

Declaración de privacidade

Os nomes e os enderezos de correo electrónico que se atopan no sitio web desta revista utilizaranse exclusivamente para os fins indicados nela e non estarán dispoñibles para ningún outro uso nin para terceiros.