Nº 378 (2017)

Carlos Casares

DOI: https://doi.org/10.32766/brag.378

O Boletín da Real Academia Galega número 378, correspondente ao ano 2017, vai centrado na figura de Carlos Casares, a quen a Real Academia Galega acordou dedicar o día grande da nosa lingua e da nosa literatura, o Día das Letras Galegas, festa que dende o ano 1963 non fixo máis ca medrar, convocando en cada edición novas vontades, novas adhesións e entusiastas iniciativas. Tamén estudos literarios, históricos e filolóxicos, parte importante dos cales se recollen nestas páxinas, moi principalmente os traballos que se prepararon para o Simposio que a RAG celebrou no salón da rúa Tabernas no derradeiro trimestre do ano, traballos que comezaron na cidade de Ourense, da man da Fundación que leva o nome do autor, continuaron en Vigo, nas dependencias da Fundación Penzol, logo en Santiago de Compostela (Consello da Cultura Galega) e concluíron solemnemente na sede da Academia, na cidade da Coruña. Institucións diversas, todas elas relacionadas co noso autor, moi vencelladas á súa biografía, participaron nos actos de homenaxe á súa obra e á súa persoa.

A nómina de participantes foi moi extensa. O lector deste Boletín ten nas mans un conxunto de traballos que van dende a especialización do historiador da literatura ao interese do filólogo, o crítico literario, o memorialista, o cronista daqueles anos ou, simplemente, e non é pouca cousa, a razón da testemuña, xente próxima ou amiga que contribúe a un mellor coñecemento da obra dun dos nosos máis sobranceiros autores contemporáneos.

O Día das Letras Galegas é moito máis ca unha data de calendario: festa de afirmación e reivindicación, cunha participación extraordinaria de xente nova sobre todo (a convocatoria da Primavera das Letras nos niveis de ensino primario, por exemplo, foi este ano espectacular), tamén é a ocasión para o estudo da personalidade e da obra do autor ou autora homenaxeado. Tanto no acto académico que o 17 de maio se celebrou na vila de Xinzo de Limia, territorio da infancia do escritor, como nos encontros de carácter literario e científico que salientamos, a obra de Carlos Casares recibiu un tratamento especial que recollemos nestas páxinas.

Igualmente salientamos outras dúas celebracións: a homenaxe a Sebastián Martínez-Risco i Macías (Ourense, 1899-A Coruña, 1977), que se celebrou nas dependencias da RAG co gallo do corenta aniversario do falecemento de quen foi presidente da nosa institución entre 1960 e 1977, e as xornadas de exaltación e estudo de Antonio Fernández Morales (Astorga, 1817- Cacabelos, 1896), o Cantor do Bierzo, un dos nosos precursores. Traballos literarios, achegas históricas e filolóxicas para un mellor coñecemento da nosa literatura.

Completan este número do Boletín da RAG as seccións habituais que dan conta da vida académica, mais unha triste despedida: a nosa compañeira de corporación dende o ano 2001, a escritora Xohana Torres (Santiago de Compostela, 1931), que nos deixou en Vigo o 12 de setembro de 2017. A Academia homenaxeouna nun acto literario o 21 de marzo de 2018. Helena González, académica correspondente, dedícalle nestas páxinas unha lembranza especial.

Número completo

Ver ou descargar o número completo PDF

Táboa de contidos

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Arcadio López-Casanova
13 - 23
Francisco Xavier Carro Rosende
25 - 34
Ramón Loureiro
35 - 37
Carlos Pajares
39 - 44
Manuel Forcadela
47 - 60
Henrique Monteagudo
61 - 76
Antón Riveiro Coello
77 - 88
Xosé Manuel Salgado
89 - 103
Francisco Castro
105 - 115
Álex Alonso Nogueira
117 - 144
María López Sández
145 - 157
Bieito Iglesias
159 - 162
Marilar Aleixandre
163 - 174
Gonzalo Navaza
175 - 183
Montse Pena Presas
185 - 197
Francisco Xavier Senín
199 - 204
María Teresa Bermúdez Montes
205 - 222
Dolores Vilavedra
225 - 239
Olivia Rodríguez González
241 - 257
Inma López Silva
259 - 270
Luís Álvarez Pousa
271 - 281
Fernanda Tabarés
283 - 285
Tucho Calvo
287 - 295
Juan P. Fusi Aizpurua
299 - 320
Antón Baamonde
321 - 336
Andrés Torres Queiruga
337 - 348
Damián Villalaín
349 - 363
Fernando Valls
367 - 392
Xosé Manuel Dasilva
393 - 409
Víctor Fernández Freixanes
411 - 415

Alocucións académicas no Día das Letras Galegas

Fina Casalderrey
419 - 423
Henrique Monteagudo
425 - 430
Xesús Alonso Montero
431 - 437

Homenaxe a Sebastián Martínez-Risco

Xosé Ramón Freixeiro Mato
441 - 447
Consuelo Castro Rey
449 - 450
Xosé Luís Franco Grande
451 - 456
Isabel Risco
457 - 459

Antonio Fernández Morales

José A. Balboa de Paz
463 - 487
Rosario Álvarez Blanco
489 - 500
Héctor M. Silveiro Fernández
501 - 549
Anxo Angueira Viturro
551 - 570
Xosé Henrique Costas
571 - 581
Carmen Penim, Maurizio Polsinelli
583 - 595
José Luís Puerto
597 - 611
Héctor Luís Suárez Pérez
613 - 640

Vida oficial

Real Academia Galega
641 - 684