Sobre a revista
O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) é unha publicación anual editada pola Real Academia Galega dende o ano 1906. Dende o ano 2000 está redactada enteiramente en lingua galega. Recolle traballos de investigación centrados en distintos aspectos da lingua, cultura e a literatura galegas, e mais outros contributos arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.
Número actual

A personalidade e a obra de Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004) foron o centro das celebracións e estudos do ano 2024, logo de que a Real Academia Galega acordase dedicarlle o Día das Letras Galegas, o día grande da nosa lingua. A obra de Villalta figúrasenos representativa dunha xeración: a que empeza a expresarse contra finais da década dos 80 e sobre todo nos primeiros anos 90, en gran medida moi próxima a Xela Arias (1962-2003) que, aínda sendo personalidades distintas, publican case polas mesmas datas, e mesmo a Lois Pereiro (1958-1996).