"Mírome e son ti" Luísa Villalta e as lectoras do porvir

Descargas

Publicado

10-03-2025

Cómo citar

Rodríguez Vega, R. (2025) “‘Mírome e son ti’ Luísa Villalta e as lectoras do porvir”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (385), pp. 69–76. doi: 10.32766/brag.385.870.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.385.870

Palabras clave:

muller e literatura, Poesía galega, autorrepresentación, Luísa Villalta, Xela Arias

Resumo

Tanto Luísa Villalta coma Xela Arias ocupan unha posición marxinal no panorama literario do seu tempo. Se para Xela é a súa reflexión sobre o corpo e a súa subversiva sintaxe a que a condena a posicións minorizadas no campo cultural daquel tempo, para Villalta é a faceta reflexiva, a compoñente abstracta e de fondo substrato filosófico, a que é, veladamente, rexeitada. Fronte á dimensión que desestabiliza a identidade en Xela, no caso de Luísa hai unha posición metapoética, reflexiva, que leva a unha mirada racional. Esa autoconciencia extrema opón ao que podería definirse como o “mírome e non son eu” de Xela Arias, o “Eu mesma me vin mirarme a min que me miraba” de Luísa Villalta.

Con todo, será a súa obra póstuma Papagaio a que supoña un salto, un cambio de rumbo, de voz, o que a fará quizais a máis contemporánea das súas obras, a que máis resoa e golpea no presente. Esa viraxe anuncia por fin a asunción de que as marcas de xénero existen, malia o seu empeño anterior, desde o feminismo da igualdade, en obvialo. Agora a conciencia plena do corpo aparece, o corpo como material de construción, como creador dunha identidade subalterna. Diríase que Villalta pasa de “ver mirarse a ela que se miraba”, ao “Mírome e son ti”, unha maneira de fundirse que ao tempo que denuncia a violencia estrutural ensina o camiño da esperanza as lectoras do porvir.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Abelenda, Ana (2024). Recordando a Luísa Villalta: «A súa loita non era de recitais ‘só de mulleres’». La Voz de Galicia. 28/I/2024.

Cunqueiro, César (2023). Boletín Literario Mindoniense Nº cinco (octubre 2023). Cunqueiro César. Diario [blog].

Diego, Estrella de (2011). No soy yo. Autobiografía, performance y los nuevos espectadores. Madrid: Siruela.

Dopico, Montse (2024). Abonda con vivir. Vigo: Xerais.

Nogueira, Chus (2015). O equilibrio trastornado. O eu e a súa relación co outro na poesía de Xela Arias. Abriu. 4, 29-43.

Pena, Montse e Queixas, Mercedes (2024). Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luísa Villalta. Santiago de Compostela: Laiovento.

Villalta, Luísa (1993). Música de muller. En: Aurora Marco López, coord. Simpósio Internacional Muller e Cultura. Santiago de Compostela: Universidade de Santiado de Compostela, 389-394.

Villalta, Luísa (1994). Mulleres si, pero. Festa da Palabra Silenciada. 10, 48-49.

Villalta, Luísa (1995). Rota ao interior do ollo. Lisboa: Edições Tema.

Villalta, Luísa (2003). Por que os homes non nos len? (A difícil homologación da literatura escrita por mulleres). En: Belén Fortes, coord. Escrita e mulleres: doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 61-84.

Villalta, Luísa (2004). En concreto. A Coruña: Espiral Maior.

Villalta, Luísa (2006). Papagaio. Santiago de Compostela: Laiovento.

Villalta, Luísa (2023). Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004). Vigo: Galaxia. Edición de Armando Requeixo.