A narrativa de Luísa Villalta: un relato de compromiso e innovación

Descargas

Publicado

10-03-2025

Cómo citar

Otero Varela, I. (2025) “A narrativa de Luísa Villalta: un relato de compromiso e innovación”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (385), pp. 79–89. doi: 10.32766/brag.385.871.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.385.871

Palabras clave:

Luísa Villalta, narrativa posmoderna, compromiso, innovación, reflexión, feminismo

Resumo

A narrativa de Luísa Villalta, como o resto da súa obra, está gravada por tres propiedades fundamentais: o compromiso, a reflexión e a innovación formal. O primeiro compromiso establéceo co pensamento crítico como ferramenta que lle serve para afondar na sociedade galega de finais do xx. Os desafíos da identidade galega na xeira do capitalismo tardío, a despersonalización que se deriva das dinámicas económicas postindustriais, o feminismo, o ecoloxismo ou o papel da arte vertebran os relatos desde a perspectiva ampla e racional que proporciona unha vasta bagaxe cultural.

É precisamente esta erudición sobre a produción intelectual da época a que permite que coñeza ben os trazos da narrativa experimental de factura posmoderna. Así, leva á práctica a hibridación, o cuestionamento da linealidade temporal, a exploración sobre os límites entre sono e vixilia ou ficción e realidade, o perspectivismo e a preferencia por voces narradoras pouco convencionais. Para alén disto, aposta por personaxes femininas que contraveñen todos os lugares comúns. As protagonistas, coma ela, emerxen das inscricións que teñen a ver coa introspección, o xuízo e o degoiro de coñecer.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Cuíñas, Teresa e Sobrino, Iria (2000). [Prólogo]. En: Narradoras (25 autoras galegas). Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Dopico, Montse (2024). Abonda con vivir. Vigo: Xerais.

Hassan, Ihab (1987). The Postmodern Turn. Ohio: Ohio State University.

Hutcheon, Linda (1998). A Poetics of Postmodernism: History, Theory, Fiction. Londres: Routledge.

McHale, Brian (1987). Postmodernist Fiction. Nova York: Methuen.

Otero Varela, Inmaculada (2024). Luísa Villalta, tamén narradora. Grial. 241, 24-29.

Villalta, Luísa (1991). Siléncio, ensaiamos. A Coruña: Vía Láctea.

Villalta, Luísa (1997a). Teoría de xogos. Santiago de Compostela: Laiovento.

Villalta, Luísa (1997b). A nación das últimas cousas. En: Xosé Manuel Maceira e Manuel Portas, coord. Novo do trinque. Santiago de Compostela: BNG, 331-340.

Villalta, Luísa (1999). Os amantes de imaxes. En: Fran Alonso, ed. Mini·relatos. Vigo: Libraría Cartabón.

Villalta, Luísa (2000). Lúa. En: Narradoras (25 autoras galegas). Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 331-354.

Villalta, Luísa (2001). As chaves do tempo. Vigo: A Nosa Terra.

Villalta, Luísa (2002a). Coa lingua de fóra. En: Longa lingua. Os contos da Mesa. Santiago de Compostela: A Mesa pola Normalización Lingüística; Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 159-166.

Villalta, Luísa (2002b). Máis alá das raíces. En: Ramón Nicolás e Armando Requeixo, eds. Materia prima: relatos contemporáneos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 243-264.

Villalta, Luísa (2003a). Desperta do teu soño. A Nosa Terra: Cadernos de pensamento e cultura. 29, 19-20.

Villalta, Luísa (2003b). Nada de nada. Narradio. 56 historias no ar. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 229-231.

Villalta, Luísa (2004a). A idade das preguntas. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos. 7, 171.

Villalta, Luísa (2024). Narrativa reunida (1991-2001). Vigo: Galaxia.