Luísa Villalta, poeta da cidade

Descargas

Publicado

10-03-2025

Cómo citar

Álvarez Cáccamo, X. M. (2025) “Luísa Villalta, poeta da cidade”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (385), pp. 133–142. doi: 10.32766/brag.385.875.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Xosé M.ª Álvarez Cáccamo

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.385.875

Palabras clave:

Luísa Villalta, viaxe iniciática, Cidade, poesía, Ruído, En Concreto

Resumo

Entre os libros dedicados á exploración poética do ser e o sentido da Cidade sobrancea a grande altura En concreto (2004) de Luísa Villalta, unha contribución decisiva ao curso da nosa historia literaria de todos os tempos.

Leo En concreto como crónica dunha viaxe iniciática, a realizada pola poeta protagonista a través das rúas e prazas da Cidade, entidade abstracta e arquetípica cuxo referente é A Coruña, nomeada exclusivamente por medio dun breve conxunto de topónimos. A viaxeira camiña en procura do coñecemento das claves da Cidade antropomórfica, con cuxo corpo se funde en prodixioso acto de consubstanciación mentres vai experimentando o proceso da súa propia metamorfose interior.

A inquisitiva exploración, realizada con versátil e complexa óptica plural —existencial, antropolóxica, sociolóxica, política e simbólica— persegue tamén a análise dos comportamentos do colectivo cidadán, maiormente sumido na pasividade e no conformismo.

A experiencia iniciática desenvolta nos poemas de En concreto produciu un importante efecto de transformación do suxeito protagonista. Tamén a Cidade e os seus habitantes —malia a frecuente declaración crítica de decepción e desánimo— resultaron transformados como resultado da vixiante posición interpretativa adoptada no libro, fundamental logro da alta intelixencia creativa de Luísa Villalta.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Villalta, Luísa (1995). Ruído. A Coruña: Espiral Maior.

Villalta, Luísa (2004). En concreto. A Coruña: Espiral Maior.

Villalta, Luísa (2006). Papagaio. Ames: Laiovento.