O poema Villalta: todo en sol

Descargas

Publicado

10-03-2025

Cómo citar

Pato, C. (2025) “O poema Villalta: todo en sol”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (385), pp. 103–121. doi: 10.32766/brag.385.873.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Chus Pato Real Academia Galega

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.385.873

Palabras clave:

Luísa Villalta, música, poesía, O outro lado da música, a poesía

Resumo

Luísa Villalta desde o seu primeiro libro ata o derradeiro tratou de atopar un poema que recobrase a unidade perdida entre a música e a palabra. Foi consciente de que o sol perdido debía ser transmutado en sol sonoro. Faino en dous pasos. O primeiro consiste en lograr escribir un soneto que, lonxe de reproducir as normas clásicas da metáfora, asuma como propia a disonancia; deste xeito une a métrica clásica cos postulados das vangardas históricas e crea un poema posterior tanto ao clasicismo como ao das vangardas históricas.

A este intento súmolle o que considero definitivo e trátase de unir unha sinfonía co poema escrito en prosa. Teño para min que o derradeiro movemento desta Música reservada, “Poema cíclico para soprano e cuarteto de corda”, estruturado coma unha sinfonía e escrito en prosa, é a peza decisiva do futuro ou do carácter Villalta. O resultado será en adiante a suma dos seus libros.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Souto, Xurxo (2024). Por que nos gusta a música? En: Dolores Vilavedra, coord. Luísa Villalta. Entender para vivir. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 79-82.

Veiga, Eva (2024). A música do pensamento. En: Luísa Villalta, Así vou eu, formando parte. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora, 185-223.

Vilavedra, Dolores, coord. (2024). Luísa Villalta. Entender para vivir. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

Villalta, Luísa (1991). Música reservada. Sada: Ediciós do Castro.

Villalta, Luísa (1995). Ruído. A Coruña: Espiral Maior.

Villalta, Luísa (2021). O outro lado da música, a poesía. Vigo: Galaxia.

Villalta, Luísa (2023). Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-1004). Vigo: Galaxia. Edición de Armando Requeixo.

Villalta, Luísa (2024). Así vou eu, formando parte. Santiago de Compostela: Chan da Pólvora. Edición de Eva Veiga e Pilar Pallarés.