Nº 376 (2015)

Xosé Filgueira Valverde

Este número do noso Boletín, o 376, é un dos máis ricos dos últimos lustros, período no que non escasean volumes de considerable riqueza. É que o presente número acolle textos de moi distintos encontros protagonizados pola nosa institución, en primeiro lugar o Simposio dedicado a Xosé Filgueira Valverde, persoeiro que protagonizou o Día das Letras Galegas de 2015. Este capítulo acolle dezaoito comunicacións que son outras tantas incursións nas moitas especialidades cultivadas por aquel inmenso polígrafo que se chamou Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Dáse a circunstancia de que a Academia organizou outros dous encontros literarios máis para homenaxear a importantes escritores que, ademais, foran membros numerarios da nosa institución. Celebrouse o primeiro en honra de Ramón Cabanillas, concretamente do seu libro Vento mareiro (1915), que cumpría o seu primeiro centenario. A segunda celebración foron as xornadas dedicadas, co gallo dos seus centenarios, a Xosé M.ª Álvarez Blázquez (en Tui), a Xaime Isla Couto (en Vigo) e a Ramón Piñeiro (en Lugo). Tanto no encontro Ramón Cabanillas como nas xornadas a estes tres intelectuais, a Real Academia non só convidou ós especialistas da casa senón que tivo en conta, con xeneroso criterio, a aqueles estudosos non académicos que, a xuízo da Academia, son especialistas en determinadas facetas das personalidades homenaxeadas. O mesmo acontece no amplo capítulo dedicado ó polígrafo Filgueira Valverde.

En 2015 a Academia non só se trasladou a Cambados para honrar a Cabanillas (convidada polo Concello) senón a Ponteceso para honrar a Eduardo Pondal (convidada pola Asociación Cultural que leva o nome do Bardo). Nesta ocasión os intervenientes foron dous académicos numerarios, os señores Franco Grande e Villares Paz.

Están presentes, neste número 376, as seccións habituais do noso Boletín. Nesta ocasión, a de “Traballos de investigación e estudo” só contén un artigo. De dous consta, infelizmente, a sección de “Necrolóxicas”, pois a fins de 2015 foron durmir fóra dous moi queridos e admirados compañeiros: don Xosé Neira Vilas e don Xosé Fernández Ferreiro.

Número completo

Ver ou descargar o número completo PDF

Táboa de contidos

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Arcadio López-Casanova
PDF
13 - 26
Leticia Eirín García
PDF
29 - 44
Ana Acuña
PDF
45 - 58
Teresa López
PDF
59 - 71
Ramón Nicolás Rodríguez
PDF
73 - 84
Francisco Fernández Rei
PDF
85 - 103
Xermán Manuel Torres de Aboal
PDF
107 - 115
Rafael L. Torre
PDF
117 - 128
Xesús Ferro Ruibal
PDF
129 - 182
Xosé Fuentes Alende
PDF
183 - 200
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
PDF
203 - 217
María M. Álvarez-Lires
PDF
219 - 243
Eduardo Pardo de Guevara y Valdés
PDF
245 - 264
Xosé Carlos Valle Pérez
PDF
265 - 285
Ramón Villares
PDF
287 - 306
Xosé Carro Otero
PDF
309 - 316
Xavier Groba González
PDF
317 - 339
Xosé Manuel González Reboredo
PDF
341 - 354
Ignacio Cabano, Daniel Buján, Anxos Sumai
PDF
355 - 375

Alocucións académicas no Día das Letras Galegas

Lembranza do vello profesor
Víctor Fernández Freixanes
PDF
379 - 384
A popularización da cultura
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
PDF
385 - 389

Traballos de investigación e estudo

Juan R. Coca
PDF
393 - 402

Homenaxe a Pondal

Pondal, o bardo céltico
Ramón Villares
PDF
405 - 414
Cómpre volver a Pondal
Xosé Luís Franco Grande
PDF
415 - 421

Centenario Xosé María Álvarez Blázquez, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro

Ana Acuña
PDF
425 - 441
Xosé María Álvarez Cáccamo
PDF
443 - 450
Darío Xohán Cabana
PDF
451 - 458
Francisco Xavier Martínez Cobas
PDF
459 - 463
Xosé Manuel Dasilva
PDF
465 - 479
Henrique Monteagudo
PDF
481 - 516
Andrés Torres Queiruga
PDF
517 - 523

Conmemoración de Vento Mareiro

Emilio Xosé Ínsua
PDF
527 - 561
Francisco Fernández Rei
PDF
563 - 576
Xesús Alonso Montero
PDF
577 - 586

Vida oficial

Vida oficial da RAG
Real Academia Galega
PDF
589 - 652