A intervención política na poesía de Manuel María. Unha revisión
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.377.507Palabras clave:
Manuel María, poesía política, creación dun mapa nacional, combate contra o mutismoResumo
Propomos nesta comunicación unha redefinición da convencionalmente denominada poesía política. En Manuel María, vinculámola a unha vocación humanista, dirixida á creación dunha polis, isto é, dunha arquitectura colectiva dotada de armazón social. Tal intención concrétase na autopoética, na lingua, na xeografía, na composición dun mapa histórico, na atención sociopedagóxica á literatura para a infancia, na unión poética con outras patrias negadas, como a Bretaña. Significa, pois, un combate contra o mutismo e é expresiva dunha vontade de representación nacional que se vincula propositadamente á literatura galega de pre-guerra.