Travesía até 'Mar maior': contexto literario e biográfico do primeiro Manuel María
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.377.497Palabras clave:
Literatura galega, poesía, intertextualidade, biografía, Manuel María, crítica literariaResumo
Este artigo presenta un percorrido bio-bibliográfico a través dos sete libros de poemas publicados polo poeta Manuel María na década que abrangue desde os anos 50 até comezos dos 60. Dun xeito máis específico céntrase nos títulos seguintes: Muiñeiro de brétemas (1950), Morrendo a cada intre (1952), Advento (1954), Terra Chá (1954), Documentos persoais (1958), Libro de pregos (1962) e Mar Maior (1963).
O enfoque adoptado fundaméntase no concepto de intertextualidade acuñado por Bajtín e establece certos vínculos literarios entre os libros citados e outras obras co fin de que esas relacións nos permitan afondar na comprensión da escritura do autor protagonista ao tempo que dilucidan aspectos do contexto vital e literario onde Manuel María se insire no período referido.
Finalmente, cómpre aludir a que o modo de expresión empregado para transmitir os citados contidos se sitúa nun estilo literario e cunha tendencia ao simbólico e metafórico, sen perder o rigor inherente ao ámbito académico e ao eido da investigación filolóxica.
Descargas
Citas
Bajtín, Mijaíl (1979): Estética de la creación verbal. México: Siglo XXI.
García Lorca, Federico (1940): Poeta en Nueva York. México: Ed. Séneca.
Manuel Antonio (1928 [2016]): De catro a catro. Santiago de Compostela: Alvarellos editora / Consorcio de Santiago.
Manuel María (1950): Muiñeiro de brétemas. Pontevedra: Colección Benito Soto.
Manuel María (1952): Morrendo a cada intre. Lugo: La Voz de la Verdad.
Manuel María (1954): Advento. Buenos Aires: Galicia do Centro Galego de Buenos Aires.
Manuel María (1954): Terra Chá. Lugo: Ediciones Celta.
Manuel María (1958): Documentos persoais. Lugo: Ediciones Celta.
Manuel María (1962): Libro de pregos. Lugo: Ediciones Celta.
Manuel María (1963): Mar Maior. Vigo: Galaxia.
Manuel María (1968): Os soños na gaiola. Lugo: Cartonaxes Anmi.
Manuel María (2001a): Obra poética completa I (1950-1979). A Coruña: Espiral Maior.
Manuel María (2001b): Obra poética completa II (1991-2000). A Coruña: Espiral Maior.
Jiménez, Juan Ramón (1953): El Modernismo. Notas de un curso. Madrid: Aguilar.
Pociña Pérez, Andrés e Aurora López López (2010): “Cara a unha Rosalía sen deturpacións”, Galegos = Gallegos 10, 102-104.
Queixas Zas, Mercedes (2016): Labrego con algo de poeta: biografía de Manuel María. Vigo: Galaxia.
Unamuno, Miguel de (1895/1991): En torno al casticismo. Madrid: Espasa-Calpe.