A lingua galega na vida, na obra e no pensamento de Manuel María
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.377.501Palabras clave:
lingua galega, Manuel María, normalización lingüística, lingua literaria, hipergaleguismo, castelánResumo
Após unha revisión do estado da arte relativo aos traballos publicados con anterioridade sobre a lingua de Manuel María, no presente traballo analízase a relación do poeta co idioma galego, tanto no que fai referencia aos usos lingüísticos como cidadán e escritor, canto ao compromiso que desde moi novo adquiriu na súa defensa, dignificación e normalización social. A seguir, estúdanse as características do galego utilizado polo autor na súa obra, a tomar en consideración especialmente a relación coa fala local de Outeiro de Rei e coa lingua literaria da altura, os fenómenos de interferencia directa ou indirecta do español e a evolución lingüística que se foi producindo na súa obra ao longo do tempo, ben como o posicionamento do autor a respecto da cuestión normativa. En último lugar, analízase o pensamento de Manuel María con relación á situación sociolingüística: distinción entre o galego como lingua das clases populares e o castelán –ou castrapo– como lingua das clases dominantes, denuncia da deslealdade lingüística, crítica das persoas bilingüistas e castrapistas, e defensa da normalización lingüística como solución de futuro para unha Galiza que só pode sobrevivir a se expresar na lingua propia.
Descargas
Citas
Alonso Girgado, Luís (2016): “A obra hemerográfica de Manuel María: a súa presenza en Alba”, en Cochón/Alonso 2016: 25-38.
AT = Hortas Vilanova, Manuel [Manuel María] (1990): Andando a Terra 1977-1987. Vigo: A Nosa Terra. Escolma ao coidado de Pilar García Negro e Miguel A. Mato Fondo.
CA = Manuel María (1992): Auto do Castromil ou a revolución dos baúles. Contos do Castromil nº 4. Vigo: Castromil.
Caño, Xosé Manuel del (1990): Conversas con Manuel María. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Cochón, Luís e Luís Alonso Girgado (eds.) (2016): Manuel María. Cecais hai unha luz. Memorabilia. Cadernos Ramón Piñeiro XXXV. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
Dobarro, Xosé María (1989): “Introducción”, en Manuel María, Terra Cha. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 9-40.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2007a): Cucou o cuco cuqueiro. Lingua e estilo na obra de Manuel María. Lugo: Fundación Caixa Galicia.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2007b): “Enunciación e estilo na obra de Manuel María”, Madrygal 10, 67-76.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2009a): “Manuel María, adaíl e labrador do idioma”, en García/Pardo 2009: 163-184.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2009b): “Introdución a unha estilística da lingua galega. Algúns trazos de estilo na obra de Manuel María”, en Gabriel Rei-Doval (ed.), A lingüística
galega desde alén mar. Santiago de Compostela: Universidade, 253-271.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2015): “Introdución”, en Manuel María, A esencia máis nosa: poemas sobre a lingua galega. [Outeiro de Rei]: Casa-Museo Manuel María, 7-45.
Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2016): “A Canción para cando se escoita falar castrapo: crítica da deslealdade lingüística”, en Cochón/Alonso 2016: 93-103.
García Negro, Pilar (2001): “A megafonía do idioma que o país necesit(ab)a”, en Alfonso Blanco Torrado (coord.), Manuel María. [libro homenaxe / organizado pola] Asociación Cultural Xérmolos. Lugo: Ophiusa, 251-254.
García Negro, Pilar (2016): “Unha poética ao servizo da lingua”, en Cochón/Alonso 2016: 111-119.
García Negro, Pilar e Diego Pardo Amado (eds.) (2009): Manuel María: Literatura e nación. Actas do Congreso (A Coruña, 3-5 de Novembro de 2005). A Coruña: Universidade.
García, Xosé Lois (1995): “Aportacións para un vocabulario da flora e da fauna no Terra Chá, de Manuel María”, en Xulio Xiz (ed.), Manuel María da Terra Chá. Lugo: Citania de Publicacións, 95-140.
García, Xosé Lois (2015): Manuel María reencontrado. Noia: Toxosoutos.
Gil Hernández, António (2016): Solilóquios com Manuel María. Boletim da AGLP. Anexos 4. [A Coruña]: Academia Galega da Língua Portuguesa.
Gómez Torres, Camilo (1996): “Manuel María e o seu tempo”, en Alberte Ansede e Cesáreo Saco (dirs.), Historia da literatura galega. [Vigo]: Asociación Socio-Pedagóxica Galega / A Nosa Terra, v. 4, 1217-1248.
Gómez Torres, Camilo (2001a): Manuel María: os traballos e os días. Santiago de Compostela: Laiovento.
Gómez Torres, Camilo (2001b): “Usos, actitudes e prexuízos lingüísticos na súa poesía”, en Alfonso Blanco Torrado (coord.), Manuel María. [libro homenaxe / organizado pola] Asociación Cultural Xérmolos. Lugo: Ophiusa, 333-344.
Gómez Torres, Camilo (2005): O tempo vital de Manuel María. Vigo: A Nosa Terra.
Ledo Andión, Margarita (2009): “Ollar o real: Manuel María nos xornais”, en García/Pardo 2009: 123-131.
Losada, Basilio (2009): “Conferencia de clausura”, en García/Pardo 2009: 365-369.
Mariño Paz, Ramón (2009): “Destrución e construción do idioma galego durante o século XX”, en García/Pardo 2009: 145-161.
Mato Fondo, Miguel A. (2003): “Introdución”, en Manuel María, Edipo. A Coruña: Universidade, 17-64.
OPC I = Manuel María (2001): Obra poética completa I (1950-1979). A Coruña: Espiral Maior.
OPC II = Manuel María (2001): Obra poética completa II (1981-2000). A Coruña: Espiral Maior.
PP = Manuel María (2003): A Terra Chá: poesía e paisaxe. Discurso lido o día 15 de febreiro de 2003, no acto da súa recepción, polo Ilustrísimo Señor Don Manuel María Fernández Teixeiro e resposta do Excelentísimo Señor Don Xosé Luís Méndez Ferrín. A Coruña: Real Academia Galega.
Queixas Zas, Mercedes (2016): Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María. Vigo: Galaxia.
Regueira, Xosé Luís (2014): “O galego da Terra Chá, Manuel María e a lingua literaria”, en Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro (eds.), Por Terras de Lugo. Oito aproximacións á provincia. A Coruña: Asociación Cultural Alexandre Bóveda, 91-102.
Rodríguez, Francisco (2009): “Dinámica histórica da Galiza e evolución poética en Manuel María”, en García/Pardo 2009: 23-31.
Rodríguez Fer, Claudio (1989): Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Sánchez Rei, Xosé Manuel (2016): “Algunhas notas sobre Muiñeiro de brétemas (1950): o léxico da flora”, en Cochón/Alonso 2016: 253-261.
Sánchez Rei, Xosé Manuel e Estefanía Mosquera Castro (eds.) (2014): Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974). [Outeiro de Rei]: Fundación Manuel María de Estudos Galegos.