A poesía última de Manuel María. Os libros que abren o seu canto final
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.377.496Palabras clave:
Renovación da linguaxe poética, poesía última, viaxe interiorResumo
Este artigo pretende revalorizar os libros a través dos cales Manuel María renova a súa linguaxe poética durante a década de 1970 e os títulos cos que el contribúe ao cambio de dirección que ten lugar na poesía galega desa época. Segundo o autor deste traballo, a nova linguaxe poética na obra de Manuel María xa emerxe no libro Informe para axudar a alcender unha cerilla, que o poeta escribe en 1970. Podémola observar tamén nos versos de Aldraxe contra a xistra e Laio e clamor pola Bretaña, dúas obras escritas en 1972. Continúa e toma corpo coa colección de poemas O libro das baladas, escrito en 1973, manifestándose igualmente nas formas rupturistas da súa poesía máis militante (Cantos rodados para alleados e colonizados e Poemas para construír unha patria). E dá un paso xigantesco nos seus Poemas ao outono, que naceron e renaceron entre outubro de 1975 e mediados de 1976: vinte sonetos que abren de xeito definitivo a última etapa creadora do poeta, o seu canto derradeiro, un corpus lírico que mesmo nun período anterior á emerxencia da poesía da década de 1980 nos ofrece libros tan marabillosos como Cecais hai unha luz, escrito a mediados de 1979, e Poemas da labarada estremecida, producido en 1980.
Descargas
Citas
García-Bodaño, Salvador (2016): “Evocación de Manuel María”, en Luís Cochón e Luís Alonso Girgado (eds.), Manuel María. Cecais hai unha luz. Memorabilia. Cadernos Ramón Piñeiro XXXV. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 105-110.
Gómez Torres, Camilo (2016): A poesía de Manuel María. [Outeiro de Rei]: Casa-Museo Manuel María.
Mato Fondo, Miguel A. (2011): Señardade da luz (A obra poética de Manuel María). A Coruña: Asociación cultural Alexandre Bóveda.