Nº 380 (2019)

Antonio Fraguas Fraguas

DOI: https://doi.org/10.32766/brag.380

Os traballos que constitúen o núcleo deste número do Boletín profundan na vida e na obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2019, Antonio Fraguas, nas múltiples facetas que cultivou. Tanto as alocucións académicas do 17 de maio, pronunciadas en Famelga (Cerdedo-Cotobade), ante a escola onde estudou, como o Simposio coorganizado a finais de novembro na Coruña e Santiago de Compostela pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e o Museo do Pobo Galego (MPG) –tres institucións das que Antonio Fraguas foi membro destacado­– abordaron esa diversidade. As quince contribución expostas en ambos os foros indagan na súa dimensión docente, que deixou pegada en varias xeracións; as achegas que fixo como etnógrafo, arqueólogo, xeógrafo ou historiador; e o labor de publicista divulgador en libros e publicacións diversas, sen esquecer a súa condición de referencia obrigada na creación e consolidación de institucións como o MPG, que presidiu ata o seu falecemento.

O Boletín 380 inclúe outras achegas de interese relacionadas coa memoria histórica das nosas letras. No ano 2019 cumpríronse sete décadas da aparición en Pontevedra do primeiro título da colección de poesía Benito Soto, unha iniciativa precursora e, en certa medida, rupturista do espazo editorial galego (en lingua galega) fortemente condicionado pola ditadura resultante da guerra civil. A conmemoración celebrouse no Museo de Pontevedra. Cumpría facelo.

Completan este número dous traballos de estudo e investigación: un de carácter lingüístico-literario, centrado no cambio lingüístico no galego-portugués nos séculos XIII e XIV (Henrique Monteagudo) e outro de carácter crítico-literario no que Juan Félix Neira descobre e comenta un poema inédito de Eduardo Pondal.

Número completo

Ver ou descargar o número completo PDF

Táboa de contidos

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

María Xosé Fernández Cerviño
13-22
Antonio Reigosa Carreiras
23-42
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
43-53
Francisco R. Durán Villa
57-78
Valerià Paül Carril
79-104
Camiño Noia Campos
105-122
Francisco Calo Lourido
125-144
Felipe Arias Vilas
145-155
Manuel Mandianes Castro
159-164
Clodio González Pérez
165-183
Cristina Sánchez Carretero
187-197
Xosé C. Sierra Rodríguez
199-221

Alocucións académicas no Día das Letras Galegas

Clodio González Pérez
225-234
Fina Casalderrey
235-244
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
245-249

Conmemoración do 70 aniversario da Colección Benito Soto

Ana Acuña
253-260
Patricia Arias Chachero
261-276
Xesús Alonso Montero
277-285

Traballos de investigación e estudo

Henrique Monteagudo
289-381
Juan Félix Neira Pérez
383-391

Vida oficial

Real Academia Galega
395-450