Nº 374 (2013)

Roberto Vidal Bolaño

O noso Boletín, (o Boletín da Real Academia Galega) chega ó número 374, correspondente a 2013, o ano no que Roberto Vidal Bolaño foi o protagonista do Día das Letras Galegas: protagonista do 17 de maio e do ano enteiro. Esa é a razón pola que o noso órgano oficial dedica unha boa parte das súas páxinas ó estudo da súa vida e da súa obra. Nese corpus monográfico recóllense as tres alocucións académicas proferidas na sesión solemne de Santiago o 17 de maio, e seis estudos dos especialistas que protagonizaron o Simposio Roberto Vidal Bolaño en decembro de 2013. Coordinou e coidou a edición deste monográfico o dramaturgo Euloxio Rodríguez Ruibal, membro numerario da nosa institución.

Como é habitual na nosa revista, hai páxinas, non poucas, que acollen estudos e investigacións sobre outros temas, sempre vencellados ás ocupacións e preocupacións lingüísticas e literarias da Academia. Nun destes estudos, o profesor Afonso Vázquez Monxardín ofrécenos unha documentada monografía sobre o profesor e escritor Primitivo Rodríguez Sanjurjo (1880-1947), a primeira sobre el. Non se caracterizou don Primitivo polo cultivo literario do galego, pero relacionouse intensamente cos homes do grupo Nós (nomeadamente Otero Pedrayo) e non foi alleo á súa revista. Na mesma sección, o profesor Henrique Monteagudo, secretario da RAG, publica un traballo que é unha orixinal incursión na problemática lingüística dos nosos Cancioneiros medievais.

Na sección seguinte recóllense tres das nove conferencias pronunciadas no ano 2013 (Academia, Santiago, Oleiros) sobre a celebérrima composición de Manuel Pardo de Andrade Rogos de un escolar gallego á Virxê do Bo acerto para que libre á terra da Inquisición, que así se titula este texto bicentenario (1813-2013) na edición de 1841, da que a nosa Academia posúe un exemplar anotado. Nun volume publicado pola RAG para a conmemoración (custeado polo Concello de Oleiros), ofrécese un coidado facsímile deste exemplar. As conferencias de 2013 proban que o texto de Pardo de Andrade non só posúe un importante valor documental senón que contén notables acertos literarios.

Como é habitual e preceptivo, a última sección dedícase á “Vida oficial da RAG”, que contén, tamén, un artigo necrolóxico de Xosé Luís Franco Grande sobre Xaime Isla Couto (1915-2012).

Número completo

Ver ou descargar o número completo PDF

Táboa de contidos

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Carlos-Caetano Biscainho-Fernandes
13 - 39
Roberto Pascual Rodríguez
41 - 66
Iolanda Ogando González
67 - 102
Inmaculada López Silva
103 - 123
Henrique Rabuñal
125 - 147
Laura Tato Fontaíña
149 - 165

Alocucións académicas no Día das Letras Galegas

Margarita Ledo Andión
169 - 173
Euloxio Rodríguez Ruibal
175 - 185
Francisco Fernández Rei
187 - 206

Traballos de investigación e estudo

Henrique Monteagudo
209 - 299
Afonso Vázquez Monxardín
301 - 357

Homenaxe a Manuel Pardo de Andrade

Gonzalo Navaza
361 - 371
Andrés Torres Queiruga
373 - 391
Rosario Álvarez Blanco
393 - 404

Vida oficial

Real Academia Galega
407 - 500