Núm. 39 (2021)

Cadernos 39

A riqueza fraseolóxica na novela Costa do Solpor, do académico correspondente Xosé María Lema (Vimianzo, 1950), abre Cadernos de lingua 39. O mesmo número inclúe un traballo sobre a adquisición de estratexias de cortesía en galego na infancia e unha análise sobre a ideoloxía e a identidade no hip-hop e o trap galegos. Pecha o volume unha recensión sobre a última entrega do Atlas Lingüístico Galego, editado en 2020 pola Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Barrié e centrado no léxico do ser humano.

     

Publicado: 2022-07-13

Número completo