Envíos

Necesita Ir ao inicio de sesión ou Rexistrarse para realizar un envío.

Listaxe de verificación para preparar envíos

Como parte integrante do proceso de envío, os autores/as teñen que asegurarse de que o seu envío cumpra todas as condicións que veñen a continuación. No caso de non se seguiren estas directrices, os envíos poderanse devolver aos autores/as.
  • O envío non se publicou anteriormente nin se presentou antes a ningunha outra revista (de non ser así, debe dar una explicación ao respecto en «Comentarios ao editor/a»).
  • O arquivo do envío está en formato OpenOffice, Microsoft Word, RTF ou WordPerfect.
  • Sempre que foi posible, proporcionáronse URLs para as referencias.
  • O texto ten un espazo interlineal simple; un tamaño de fonte de 12 puntos; emprega cursiva no canto de subliñado (agás para os enderezos URL); e todas as ilustracións, figuras e táboas están inseridas nos lugares correspondentes do texto e non ao final.
  • O texto cumpre os requisitos estilísticos e bibliográficos descritos en Directrices para os autores/as, que se atopan na sección "Sobre a revista".

Directrices para o autor/a

Os Cadernos de Lingua están dedicados á publicación de traballos de investigación sobre calquera aspecto da lingua galega, así como á difusión de notas e informacións lingüísticas relevantes para o coñecemento e a promoción da lingua na sociedade. Tamén se publican recesións de obras de interese para eses mesmos fins.

As persoas interesadas en enviar artigos para a súa publicación en Cadernos de Lingua deberán seguir as seguintes normas:

  1. A lingua de publicación é o galego, aínda que excepcionalmente poderán aparecer traballos escritos en portugués ou noutras linguas.
  2. Os traballos deberán conter material non publicado nin presentado para a súa publicación en ningún outro medio de difusión.
  3. Para poder enviar traballos en liña, e para poder comprobar o estado dos traballos enviados, o autor debe rexistrarse previamente cubrindo o formu-lario pertinente no seguinte enderezo: https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/index/user/register. Unha vez rexistrado poderá acceder á revista co seu nome de usuario e o contrasinal.
  4. O texto será sometido a revisión por pares, polo que debe vir sen marcas de autoría. Debe cubrirse separadamente un formulario complementario co título, nome de autor(es), información sobre adscrición institucional, en-derezo de contacto, que se atopa na plataforma da revista. A decisión final sobre a publicación correspóndelle ao Consello de Redacción.
  5. O proceso de avaliación, desde a recepción do orixinal ata a resposta ao autor ou autora, non durará máis de dous meses. No caso de que o traballo precise correccións, á vista dos informes, o autor ou a autora disporá do prazo de un mes para devolver o orixinal corrixido.
  6. A entrega dos traballos para a publicación en Cadernos de Lingua implica a cesión do seu dereito de explotación e copia. Esta cesión ten por finalidade a protección do interese común de autores e editores.
  7. O texto deberá entregarse en versión definitiva. Unha vez recibidos os ori-xinais non se permitirá facer modificacións nin engadidos que afecten sig-nificativamente ao proceso de edición.
  8. O corpo utilizado nos parágrafos normais do texto será 11, con entreliña-mento sinxelo e cunha extensión dun mínimo de 20.000 e un máximo de 40.000 caracteres por artigo.
  9. O artigo virá acompañado dun resumo (que non debe exceder as duas-centas palabras) e das palabras chave (máximo oito) ambos en galego e en inglés.
  10. Recoméndase que o texto teña, como máximo, tres niveis de encabeza-mentos, numerados correlativamente 1., 2., 3., 4. / 1.1., 1.2., 1.3., 1.4./ 1.1.1., 1.2.1., 1.3.1., 1.4.1 etc., segundo o seu nivel na xerarquía.
  11. 12. As referencias á bibliografía no texto faranse conforme o modelo de cita-ción internacional:
    • Dentro do texto e das notas, as referencias bibliográficas faranse de xeito abreviado, por medio do apelido do autor ou autores, o ano e, de ser o caso, o número da páxina, coma nestes exemplos: (Ferreira 1989: 47),(Ferreira/Amoedo 1999: 17n), (Ferreira 1996b). A referencia completa reservarase para a bibliografía final.
    • Ao final, incluiranse por extenso as referencias bibliográficas das obras citadas ao longo do texto. Exemplos:
      • Kabatek, Johannes (1996): Die Sprecher als Linguisten. Interferenz-und Sprachwandelphänomene dargestellt am Galicischen der Gegenwart. Tübingen: Max Niemeyer.
      • González González, Manuel e Xosé Luís Regueira (2016): “Galicia en los inicios de los estudios de fonética acústica dentro del estado español”, en Ana María Fernández Planas (ed.), 53 reflexiones sobre aspectos de la fonética y otros temas de lingüística. Barcelona: Univer-sitat, 373-382.
      • Cabré, M. Teresa (2009): “Technologie et terminologie : changements méthodologiques et épistémologiques”, Cahiers de lexicologie 94, 31-56.
      • TILG = Santamarina, Antón (dir.) (2013-): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. http: //www.ti.usc.es/TILG/ [consulta en maio-setembro 2011].
  12. As citas textuais que se fagan dentro do texto principal deberán adoptar dous formatos diferentes: se non superan as cinco liñas, irán dentro do parágrafo, co mesmo tipo de letra, entre comiñas; as citas máis longas po-ñeranse en parágrafo á parte, sen comiñas, con sangría pola esquerda e letra de corpo 10. En ningún caso se empregarán as cursivas.
  13. As notas do texto principal situaranse ao pé e estarán numeradas de xeito correlativo, en corpo 10. Non se incluirán aquí as referencias bibliográficas por extenso, para evitar a proliferación de notas no rodapé.
  14. Táboas/cadros. Realizaranse utilizando o comando específico de “edición de táboas”. As táboas ou cadros deben cumprir as seguintes normas: 1) irán numerados correlativamente (Táboa 1, Táboa 2 etc.); 2) levarán un encabezamento conciso. Farase referencia ás táboas ou cadros no texto principal. Exemplo: (Vid. táboa 1).
  15. 16. Gráficos. Presentaranse orixinais con calidade para seren dixitalizados. No seu caso, tamén se poden presentar nun arquivo informático (preferente-mente Excel). Neste caso recoméndase incluír na mesma páxina o gráfico e mais a táboa de datos. Sempre irán numerados de xeito correlativo (Grá-fico 1, Gráfico 2 etc.). Farase referencia aos gráficos no texto principal. Exemplo: (Vid. gráfico 1).
  16. 17. Fotografías, ilustracións, mapas, planos. Poderán presentarse orixinais con calidade para seren dixitalizados. Se o autor prefire presentar arquivos in-formáticos, recoméndase cumprir os seguintes parámetros:
    • Mapas, debuxos, planos, gravados a dixitalización farase en “modo liña” ou “mapa de bits” (non se recomenda o modo “escala de grises”); a reso-lución será de 1.200 ppp.
    • Fotografías: dixitalizaranse cunha resolución de 300 ppp. Resolucións inferiores a 225 ppp non son recomendables.
    Recoméndanse os seguintes formatos de arquivo: .TIFF, .EPS, .JPG.
    Irán numerados de xeito correlativo (Fig. 1, Fig. 2 etc.) con números arábigos.
    Farase referencia aos gráficos no texto principal. Exemplo: (Vid. Fig.1).
  17. Os materiais complementarios (táboas, gráficos, imaxes, mapas...) deben acompañarse do recoñecemento da fonte e da autoría, e, no seu caso, dos correspondentes permisos de uso e reprodución.
  18. Os autores poden solicitar que se lles envíen as primeiras probas para co-rrixir. Admitiranse só correccións tipográficas e ortográficas e, sempre a xuízo dos editores, aqueles engadidos ou eliminacións de texto que non afecten á maqueta da publicación.
  19. Os orixinais que non se suxeiten ás anteriores normas serán devoltos aos seus autores para a súa corrección.

Notas

Seguiranse os mesmos criterios ca para os artigos, pero a extensión deberá estar comprendida entre 7.000 e 20.000 caracteres.

Recensións

As recensións deben levar a referencia bibliográfica completa. A extensión máxima dunha recensión será de 10.000 caracteres. Deben presentarse en Times New Roman, corpo 11, espazo simple.

Declaración de privacidade

Os nomes e os enderezos de correo electrónico que se atopan no sitio web desta revista utilizaranse exclusivamente para os fins indicados nela e non estarán dispoñibles para ningún outro uso nin para terceiros.