Ideoloxía e identidade no discurso musical

o caso do hip-hop e o trap galegos a través de Rebeliom do Inframundo e Boyanka Kostova

Descargas

Publicado

13-07-2022

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Mª Belén Senín Santiago

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.39.782

Palabras clave:

análise crítica do discurso, ideoloxía, identidade, hip-hop, trap

Resumo

No panorama actual da música a nivel global, os xéneros urbanos como o trap ou o hip-hop atópanse en auxe, especialmente entre a mocidade. O caso galego non é unha excepción. Se ben o hip-hop gozaba xa de certa traxectoria, a entrada en escena do trap é, aínda que recente, innegablemente triunfal. Porén, constituiría unha grave ausencia de análise reducir a popularidade destes xéneros a meras tendencias. A música, como produto cultural fillo do contexto no que nace, serve de ferramenta para a creación ou reforzo da identidade, e como tal non está exenta de ideoloxía. Así, a través da análise dos devanditos xéneros baixo o prisma da análise crítica do discurso, amosaremos como estes encerran dúas posturas opostas no que á identidade e a ideoloxía transmitida se refire, dúas reaccións diferentes ao mundo da modernidade líquida.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Abad Hermidas, Laura (2018). Hip hop: reivindicación o moda. Análisis del mensaje de la música rap y su impacto social. A Coruña: Universidade da Coruña.

Bucholtz, Mary e Hall, Kira (2004). Language and Identity. En: Alessandro Duranti, ed. A Companion to Linguistic Anthropology. Oxford: Blackwell, 369-394.

Dijk, Teun Adrianus van (2001). Critical discourse analysis. En: Deborah Tannen, Heidi Hamilton e Deborah Schiffrin, eds. The Handbook of Discourse Analysis. Oxford: Blackwell, 352-371.

Fairclough, Norman (1995). Critical Discourse Analysis: The Critical Study of Language. New York: Longman.

Loureiro-Rodríguez, Verónica. (2013). ‘If we only speak our language by the fireside, it won’t survive’: the cultural and linguistic indigenization of hip hop in Galicia. Popular Music and Society. 5 (36), 659-676.

Martínez, Layla (2019). Glorificar lo quinqui para que nada cambie. El Salto. 7/IV/2019.

Pennycook, Alastair (2007). Language, localization, and the Real: Hip-Hop and the Global Spread of Authenticity. Journal of Language Identity & Education. 2 (6), 101-115.

Reguillo, Rossana (2000). El lloc des dels marges. Música i identitats juvenils. En: Carles Feixa, Joan R. Saura e Javier Castro, eds. Música i ideologies: mentre la meva guitarra parla suaument. III Fòrum d’Estudis sobre la Joventut. Lleida: Universitat de Lleida, 251-257.

Rey Gayoso, Raúl e Vilares Marrondo, David José (2019). Trap, algo más que música. Estudio sociológico del trap español. A Coruña: Universidade da Coruña.