O epistolario Francisco Fernández del Riego - Luis Seoane: diálogo entre o exilio interior e o exilio exterior (coa "pantasma do comunismo" aló no fondo)

Descargas

Publicado

23-04-2024

Cómo citar

Alonso Montero, X. (2024) “O epistolario Francisco Fernández del Riego - Luis Seoane: diálogo entre o exilio interior e o exilio exterior (coa ‘pantasma do comunismo’ aló no fondo)”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (384), pp. 281–320. doi: 10.32766/brag.384.849.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Xesús Alonso Montero

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.384.849

Palabras clave:

Francisco Fernández del Riego, Luis Seoane, epistolario, Ramón Piñeiro, Antonio Baltar, Primeiro Congreso da Emigración Galega, AGUEA, Galaxia, anticomunismo, Café Tortoni (Buenos Aires), Centro Orensano de Buenos Aires

Resumo

A análise do epistolario cruzado entre Luis Seoane e Francisco Fernández del Riego permite abordar feitos relevantes para esclarecer as relacións entre os galeguistas de aquén e de alén mar. O presente estudo céntrase en dous deles moi presentes nas cartas escritas entre 1955 e 1960: o Primeiro Congreso da Emigración Galega (xullo de 1956) e as viaxes de Antonio Baltar a Galicia a finais de 1956 e comezos de 1957. As cartas de Seoane dirixidas a Del Riego son moi críticas co Congreso organizado polo grupo galeguista de Buenos Aires co que a fratria de Galaxia tiña boa relación. Esta estivo de acordo desde o principio coa idea e coa realización deste Congreso, vencellada como estaba cos membros do Consello de Galiza polo seu “anticomunismo”.

O segundo episodio sucede a fins de 1956, cando Antonio Baltar viaxa a Galicia co obxectivo esencial de dialogar coa xente preocupada, desde as premisas non franquistas, pola cultura do país. Nesa primeira visita, Antonio Baltar entrevístase con Del Riego. Cinco meses despois, volve coa intención de reunirse cos homes de Galaxia. Seoane recolle nas súas cartas o malestar provocado pola falta de atención que recibiu Antonio Baltar, críticas que suscitaron unhas duras páxinas de Ramón Piñeiro.

Nunha terceira parte deste traballo, faise un percorrido polo epistolario para recoller noticias sobre os seis libros “americanos” de Francisco Fernández del Riego, algún deles aínda inédito.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Alonso Montero, Xesús (1994). As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Alonso Montero, Xesús (2002). As palabras do exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane. 2ª ed. A Coruña: La Voz de Galicia.

Alonso Montero, Xesús (2003). Curros Enríquez no franquismo. Santa Comba de Xallas: 3C3.

Alonso Montero, Xesús (2009). Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega. Vigo: Galaxia.

Alonso Montero, Xesús (2012). Peregrinatio ad loca docta. Viaxar a Vigo, nos meus anos mozos, á procura de Fernández del Riego. En: Francisco Fernández del Riego. Vigo dende o corazón de Galicia. Vigo: Fundación Penzol / Galaxia.

Alonso Montero, Xesús (2023). Tres horas na vida de Francisco Fernández del Riego, en Vigo, o 18 de outubro de 1949: o encontro (semiclandestino) dun intelectual do exilio interior, Fernández del Riego, co seu camarada, Luís Seoane, do exilio exterior, trece anos e catro meses despois de que fosen separados polas consecuencias da sublevación militar do 18 de xullo de 1936. Boletín da Real Academia Galega. 384, 393-398.

Barros Puente, Miguel (2008). O partido galeguista e a revisión do nacionalismo: Ramón Piñeiro 1943-1981. Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.

Baltar, Antonio (2002). O compromiso do exilio. Sada: Ediciós do Castro. Edición de María Díaz Rey.

Fernández del Riego, Francisco (1951). Historia de la literatura gallega. Vigo: Galaxia.

Fernández del Riego, Francisco (1954). Galicia no espello. Buenos Aires: Galicia.

Fernández del Riego, Francisco, ed. (2002). Cartas de Luís Seoane dende o exilio. Sada: Ediciós do Castro.

Piñeiro, Ramón (2002). Da miña acordanza. Memorias. Vigo: Galaxia / Fundación Caixa Galicia.

Primeiro Congreso da Emigración Galega. Documentación. Crónicas. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2006 [1959]. Edición facsimilar.

Santidrián, Víctor (2002). Historia do PCE en Galicia (1920-1968). Sada: Ediciós do Castro.

Seixas Seoane, Miguel Anxo (2021). Castelao. Construtor da nación. Tomo III. 1940-1950. Vigo: Galaxia.

Artigos máis lidos do(s) mesmo(s) autor(es)

1 2 > >>