Fernández del Riego, cónsul da diáspora galega (1945-1960)
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.384.848Palabras clave:
Francisco Fernández del Riego, galeguismo, prensa, cultura, emigración, exilioResumo
Este artigo trata das relacións mantidas por Fernández del Riego coas entidades societarias galegas da emigración e cos núcleos de exiliados republicanos chegados despois de 1936, que en conxunto formaban a diáspora galega na América. O labor de Del Riego foi epistolar e tamén xornalístico, dado que colaborou de modo regular en revistas como Galicia do Centro Galego ou Galicia Emigrante, dirixida por Luis Seoane, informando regularmente das actividades culturais que se facían en Galicia e, de modo especial, da editorial Galaxia da que formaba parte.
Como un eficaz mediador, Del Riego exerceu en Galicia unha especie de “consulado” para a xestión de todo canto se relacionaba cos emigrados e cos exiliados en materia cultural e mesmo política. Alén diso, desempeñou unha representación en Galicia do Centro Galego porteño e xestionou o mecenado que aquela institución exercía en apoio do mundo cultural galego, desde edicións de libros, organización de certames literarios ou viaxes de intelectuais a América (Xornadas Patrióticas), nas que el mesmo participou.
Coma nos tempos da emigración masiva a América, Del Riego foi capaz de integrar as dúas beiras do Atlántico e manter aceso o lume do galeguismo cultural, malia as disensións políticas que comezaron a abrollar a finais dos cincuenta.
Descargas
Citas
Beramendi, Justo (2011). O exilio e os galeguistas do interior: acordos e disidencias (1940-1970). En: Ramón Villares, ed. Emigrante dun país soñado. Luis Seoane entre Galicia e Arxentina. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 353-388.
Castro, Xavier (2000). Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos 1943-1954. Vigo: Galaxia.
Día y Díaz, Manuel C., coord. (1978). Galicia 2002, a través da imaxinación creadora. Santiago de Compostela: IDEGA.
Fernández del Riego, Francisco (1949). Cos ollos do noso esprito. Bos Aires: Alborada.
Fernández del Riego, Francisco (2023). Loitando por Galicia. Vigo: Galaxia. Edición de J. Beramendi.
Lapa, Manuel Rodrigues (1997). Correspondência. Coímbra: Minerva.
Monteagudo, Henrique (2021). O idioma galego baixo o franquismo. Da resistencia á normalización. Vigo: Galaxia.
Otero Pedrayo, Ramón (2001). Polos vieiros da saudade: lembranzas e crónicas dunha viaxe a Buenos Aires. Vigo: Galaxia.
Regueira, Mario (2015). A narrativa na reconstrución do campo literario galego de posguerra. Repertorios e imaxinario nacional no proxecto de Galaxia. Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela.
Seoane, Luis (2014). Luis Seoane depositado na Fundación Luis Seoane. Proxecto Epístola [web]. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Toro, Antonio de (1994). Galicia desde Londres. Galicia, Gran Bretaña e Irlanda nos programas galegos da BBC (1947-1956). A Coruña: Tambre.
Villanueva, Malores (2023). Francisco Fernández del Riego. Un loitador pola idea de Galicia. Vigo: Galaxia.
Villares, Ramón (2017). O Consello de Galiza na estratexia dos exilios ibéricos, 1939-1950. En: Ramón Villares e Xosé Manoel Núñez Seixas, eds. Os exilios ibéricos. Unha ollada comparada. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 17-93.
Villares, Ramón (2021). Cultura e política na Galicia do século xx. Vigo: Galaxia.
Villares, Ramón (2022). Reconstrucción cultural en Galicia (1936-1960). Exilio, adaptación, resistencia. En: Laia Arañó, ed. Violència i renacionalitzacions en territoris ocupats (1920-1945). Barcelona: Memorial Democràtic.