Florencio Delgado Gurriarán, ganador do concurso de tradución da Federación de Sociedades Galegas (1946)
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.383.821Palabras clave:
tradución en galego, Florencio Delgado Gurriarán, Plácido R. Castro, Lois Tobío, Poesía inglesa e francesa vertida ao galegoResumo
O obxectivo deste traballo é afondar na faceta de Florencio Delgado Gurriarán como tradutor de diversas voces poéticas para o galego. En efecto, o autor valdeorrés reservou entre as súas ocupacións intelectuais unha parcela para o exercicio de verter textos desde outros idiomas, como o francés e o inglés. En concreto, examínase a súa participación no certame literario convocado pola Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires en 1946, onde na modalidade de tradución Delgado Gurriarán logrou o máximo galardón e Plácido R. Castro e Lois Tobío dous accésits. Ao longo do artigo abórdanse as características do volume Poesía inglesa e francesa vertida ao galego, editado en 1949, no que se agruparon os traballos premiados, un fito na historia da tradución galega por se tratar do primeiro tomo de versións á nosa lingua que viu a luz despois da guerra civil. A última parte do estudo céntrase na recepción crítica de que foi obxecto, tanto no exilio coma en Galicia. A conclusión primordial que se alcanza pon de manifesto que a tradución significou para Delgado Gurriarán unha vertente notable no conxunto do seu labor, malia que non se consagrase á mesma de forma perseverante no transcurso da súa traxectoria.
Descargas
Citas
A. D. (1946). Resultado del Concurso Literario de la Federación. Produjo su fallo el Jurado. Galicia. 987, 28/XII/1946, 1.
Castro, Plácido R. (1994 [1950]). Dous libros galegos que nos chegan de América. En: Antonio Raúl de Toro Santos, ed., Galicia desde Londres –Galicia, Gran Bretaña e Irlanda nos programas galegos da BBC (1947-1956). A Coruña: Editorial Tambre, 200-205. Programa radiofónico emitido pola BBC o 6 de febreiro de 1950.
Castro, Plácido R., Tobío Fernández, Lois e Delgado Gurriarán, Florencio M. (1949). Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. Buenos Aires: Editorial Alborada.
Castro, Plácido R., Tobío Fernández, Lois e Delgado Gurriarán, Florencio M. (2005). Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. Vigo / A Coruña: Galaxia / Fundación Caixa Galicia.
Dasilva, Xosé Manuel (2001-2002). O pensamento de Plácido R. Castro sobre a tradución. Viceversa. Revista Galega de Tradución. 7-8, 281-288. Reproducido en: O alleo é noso. Contribucións para a historia da tradución en Galicia. Noia: Editorial Toxosoutos, 2008, 311-318.
Dasilva, Xosé Manuel (2005). Un clásico da tradución galega. Grial. 167, 90-91. Reproducido en: O alleo é noso. Contribucións para a historia da tradución en Galicia. Noia: Editorial Toxosoutos, 2008, 255-258.
Dasilva, Xosé Manuel (2015). Achegas documentais para a biografía de Ramón Piñeiro. Boletín da Real Academia Galega. 376, 465-479.
Dasilva, Xosé Manuel (2022a). O quefacer tradutor de Florencio Delgado Gurriarán. En: Luís Alonso Girgado, Luís Cochón e Armando Requeixo, eds. Estudos arredor de Florencio Delgado Gurriarán. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 41-56.
Dasilva, Xosé Manuel (2022b). Florencio Delgado Gurriarán como tradutor. Entre Walt Whitman e Castelao. Grial. 235, 92-95.
Delgado Gurriarán, Florencio (1950). Queixa dos soldados europeos. La Noche. Suplemento del Sábado. 13, 14/I/1950.
Delgado Gurriarán, Florencio (1951). ¡Ouh Capitán! ¡Meu Capitán!, por Walt Whitman. A Nosa Terra. 475, II, 6. Reproducido en Galicia, 30/XII/1957.
Delgado Gurriarán, Florencio (1952). O cemiterio mariño, por Paul Valéry. Opinión Gallega. 135, 1/VIII/1952, 4-5.
Delgado Gurriarán, Florencio (1968). Barco bébedo. Vieiros. 4.
Gurriarán, Ricardo (2003). Entrevista con Luís Tobío. A Trabe de Ouro. 54, 271-276.
J. R. (1950). Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. La Voz de Galicia. 1/III/1950, 5.
Lorenzana, Salvador (1948). Los valores intelectuales de nuestra tierra. La Noche. 24/VII/1948, 5.
Lorenzana, Salvador (1950a). Traducciones al gallego. La Noche. 27/IV/1950, 3. Reproducido en: La Voz de Galicia, 25/I/1961, 3.
Lorenzana, Salvador (1950b). Poesía Ingresa e Francesa, en Galego. Galicia. 30/IV/1950. Reproducido con pequenas modificacións en: Tapal. 9 (1955), 32.
Lorenzana, Salvador (1994 [1955]). Literatura universal na lingua galega. En: Antonio Raúl de Toro Santos, ed., Galicia desde Londres –Galicia, Gran Bretaña e Irlanda nos programas galegos da BBC (1947-1956). A Coruña: Editorial Tambre, 526-528. Programa radiofónico emitido pola BBC o 7 de novembro de 1955.
Romero, Marga (1999). Conversa con Lois Tobío. Galicien Magazin. 8, 36-44.
Sen sinatura (1946a). Importante iniciativa galeguista. A Nosa Terra. 446, III-IV, 6.
Sen sinatura (1946b). O Concurso Literario anunciado pol-a Federación de Sociedades Gallegas. A Nosa Terra. 447, IV-V, 5.
Sen sinatura (1946c). Para conmemorar las bodas de plata de las sociedades gallegas en Argentina. El Progreso. 28/IV/1946, 4.
Sen sinatura (1946d). Certamen literario gallego. Cartel. 10, 10/V/1946, 6.
Sen sinatura (1946e). Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. Concurso literario gallego a realizarse, con motivo de celebrar el 25º aniversario de su fundación. Galicia. 961, 15/VI/1946, 3.
Sen sinatura (1946f). Bodas de Prata da Federación de Soc. Galegas. A Nosa Terra. 450, VIII, 3.
Sen sinatura (1946g). As Bodas de Prata da Federación de Soc. Galegas. A Nosa Terra. 451, IX, 3.
Sen sinatura (1946h). Vence el 12 de Octubre próximo el Concurso Literario Galego, organizado por la Federación de Sociedades Gallegas, con motivo de sus Bodas de Plata. Bases y premios que se otorgarán. Galicia. 974, 14/IX/1946, 3.
Sen sinatura (1946i). A Federación de Sociedades Galegas cumple 25 anos. A Nosa Terra. 452, X, 7.
Sen sinatura (1946l). El Concurso Literario Gallego. Quedó constituído el Jurado. Galicia. 978, 19/X/1946, 2.
Sen sinatura (1946m). El Concurso Literario de la Federación de Sociedades Gallegas. Galicia. 982, 16/XI/1946, 1.
Sen sinatura (1946n). Concurso Literario da Federación de Sociedades Galegas. O fallo do xurado. Importanza dos traballos premiados. A Nosa Terra. 454, XII, 3.
Sen sinatura (1947). O noso idioma, e os direitivos do Centro Gallego. A Nosa Terra. 455, V, 3.
Sen sinatura (1949). Limiar. En: Plácido R. Castro, Lois Tobío Fernández e F. M. Delgado Gurriarán. Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. Buenos Aires: Editorial Alborada.
Sen sinatura (1950a). Libros a la vista. Poesía inglesa e francesa vertida ao galego. La Noche. Suplemento del Sábado. 13, 14/I/1950.
Sen sinatura (1950b). Notas de oír y ver. La Noche. 11/II/1950, 4.
Sen sinatura (1965). Paul Verlaine. Dos versiones gallegas de uno de sus poemas. La Voz de Galicia. 9/IV/1965, 12.
Seoane, Luís (1950). Dos libros editados en Buenos Aires. Galicia. 443, 14-15.
Tobío, Lois (1994). As décadas de T.L. Sada: Ediciós do Castro.