Modo galego, actívao! Deseño, avaliación e evolución do “programa de compromiso lingüístico”
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.42.894Palabras clave:
dinamización lingüística, investigación-acción, activación lingüística, xestión lingüística, normalizaciónResumo
Modo galego, actívao! é un proxecto de dinamización lingüística desenvolvido pola Real Academia Galega e o Concello de Ames, en colaboración cos distintos axentes da comunidade educativa local. Ao seu abeiro, deseñamos, implementamos e avaliamos dis-tintas iniciativas orientadas á educación formal e non formal, co obxectivo de activar a lingua galega entre o alumnado e converter os centros de ensino en “espazos seguros” para o seu uso.
Neste artigo expoñemos o desenvolvemento, execución e resultados da primeira edición, no curso 2022-2023, dunha das actividades centrais da programación anual do Modo galego, actívao!: o “programa de compromiso lingüístico”. Tras explicar as súas prin-cipais características, exporemos os resultados da avaliación desta primeira experiencia e as sucesivas modificacións realizadas de acordo aos datos ata chegar á proposta vixente.
Descargas
Citas
Fernández Paz, Agustín; Lorenzo Suárez, Anxo M.; e Ramallo, Fernando (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Francés García, Francisco J.; Alaminos Chica, Antonio; Penalva Verdú, Clemente; e Santacreu Fernández, Óscar A. (2015). La investigación participativa: Métodos y técnicas. Cuenca (Ecuador): Pydlos Ediciones.
Goirigolzarri, Jone; Amorrortu, Estíbaliz; e Ortega, Ane (2019). Activación lingüística de jóvenes neohablantes de euskera en la universidad. En: Fernando Ramallo, Estíbaliz Amorrortu e Maite Puigdevall, eds. Neohablantes de lenguas minorizadas en el Estado español. Madrid: Iberoamericana Vervuert, pp. 23-46.
Loredo, Xaquín; Gómez, Lidia; e Baldomir, Elba (2018). A lingua no CEIP Agro do Muíño. A Coruña: Real Academia Galega.
Loredo, Xaquín e Silva Valdivia, Bieito, eds. (2020). Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO. A Coruña: Real Academia Galega.
Loredo, Xaquín; Vázquez-Grandío, Gabino S.; e López-Sández, María (2023). Evolución das destrezas orais bilingües galego/castelán ao final do ensino obrigatorio na última década e percepción do profesorado. En: Rosa Marta Gómez Pato e
Alejandra Ulla Lorenzo, eds. Oralidade(s). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, pp. 101-114.
Monteagudo, Henrique; Loredo Gutiérrez, Xaquín; Vazquez-Grandío, Gabino S.; e Gómez Martínez, Lidia (2021). Mapa sociolingüístico escolar de Ames. A Coruña: Real Academia Galega.
Monteagudo, Henrique; Loredo, Xaquín; e Vázquez-Grandío, Gabino S. (2024). Informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de 2023: Análise da enquisa sobre coñecemento e uso do idioma galego (2023) e da evolución sociolingüística de Galicia (1992-2023). A Coruña. Real Academia Galega.
Monteagudo, Henrique; Loredo, Xaquín; Vázquez-Grandío, Gabino S.; e Nandi, Anik (2021). Prácticas lingüísticas na infancia: A xestión lingüística nos primeiros contextos de socialización. A Coruña: Real Academia Galega.
Subiela, Xaime (2011). A procura da participación na planificación da política lingüística realizada desde as institucións. En: Paulo Martínez Lema e Goretti Sanmartín Rei, eds. Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Universidade da Coruña, pp. 67-74.
Vaquero, Isabel (2012). Traballarmos en dinamización lingüística (unha introdución). Documentos CTNL 2. Santiago de Compostela: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
Villasante, Tomás R.; Montañés Serrano, Manuel; e Martí, Joel, eds. (2000). La Investigación social participativa. Barcelona: El Viejo Topo.