A fronteira galego-portuguesa. Actitudes e percepcións lingüísticas
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.38.754Palabras clave:
fronteira galego-portuguesa, actitudes lingüísticas, percepcións lingüísticas, vida social galego-portuguesaResumo
A fronteira galego-portuguesa conta cunha riqueza cultural que a fai exclusiva. Durante décadas, ambos os lados da raia estiveron fortemente ligados, con sistemas económicos interdependentes e con relacións sociais constantes. Esta interacción constante provocou que a lingua falada a un lado e outro da raia comparta características que a fan identificarse como a mesma. As propias relacións sociais poderán explicar o porque das percepcións e actitudes que teñen galegos e portugueses da comunidade veciña.
Esta investigación fundaméntase nun traballo de campo desenvolvido na comarca galega de Verín e no distrito portugués de Vila Real, territorios limítrofes. A través das declaracións dos falantes tentouse analizar ata que punto as actitudes e as percepcións lingüísticas son reflexo das propias relacións sociais entre galegos e portugueses.
Descargas
Citas
Álvarez Pérez, Xosé Afonso (2010): “E os da banda d´alá son máis estranxeiros ca os de Madrí? Estudo contrastivo de designacións galegas e portuguesas no campo semántico da gandaría”, Verba 37, 57-88.
Barragán Gómez, Rafael Alberto (2018): Actitudes lingüísticas de hispanohablantes colombianos hacia el español de la Península Ibérica. Santiago de Compostela: Universidade. Tese de doutoramento.
García Mañá, Luis Manuel (1988): La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense. Ourense: Museo Arqueolóxico Provincial.
García Mañá, Luis Manuel (2000): Couto mixto. Unha república esquecida. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Godinho, Paula (2009): “«Desde a idade de seis anos, fui muito contrabandista». O concelho de Chaves e a comarca de Verín, entre velhos quotidianos e novas modalidades emblematízantes”, en Dulce Freire, Eduarda Rovisco e Inés Fonseca (eds.), Contrabando na fronteira luso-espanhola. Práticas, memôrias e patrimônios. Lisboa: Nelson Matos, 29-56.
Gómez Molina, José (1998): Actitudes lingüísticas en una comunidad bilingüe y multilectal. Valencia: Universitat.
Kavanagh, William (2011): “Identidades en la frontera luso-española: permanencias y transformaciones después de Schengen”, Geopolítica(s). Revista de estudios sobre espacio y poder 2(1), 23-50.
Santos Raña, Irene e Soraya Suárez Quintas (2014): “Percepción e actitudes lingüísticas na fronteira galego-portuguesa: unha aproximación á perspectiva ourensá” en Xulio Sousa, Marta Negro Romero e Rosario Álvarez (eds.), Lingua e identidade na fronteira galego-portuguesa. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 91-113.