Aproximación á sintaxe da prensa escrita en lingua galega

Descargas

Publicado

02-08-2012

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Estefanía Mosquera Castro

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.34.15

Palabras clave:

Lingua galega, Sintaxe, Medios de Comunicación, Contacto de linguas

Resumo

O presente traballo pretende trazar algúns datos relevantes sobre a situación en que se encontra a lingua galega nun ámbito tan importante como é o dos medios de comunicación impresos. Para isto escollemos como corpus un total de dez exemplares: cinco números do xornal A Nosa Terra e cinco de Galicia Hoxe. Con todo, non se trata dun estudo que reflicta as características da lingua en xeral, senón que se centra, nomeadamente, nas propiedades sintácticas do noso idioma, xa que coidamos que constitúen estas un dos aspectos máis relevantes canto que conforman a estrutura interna da lingua. É por isto que tamén achamos fundamental reflectirmos sobre o estado desta disciplina no marco da discusión gramatical teórica. A nosa análise intenta demostrar que a praxe dos medios estudados se encontra altamente deturpada, na maioría dos casos, produto dunha forte castelanización, non só a nivel lexical, senón tamén canto aos usos sintácticos.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.