Mapa sociolingüístico escolar de Santiago de Compostela
lingua, mobilidade e territorio
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.42.893Palabras clave:
demolingüística, territorio, mobilidade, escola, lingua galegaResumen
As principais enquisas demolingüísticas realizadas nas últimas décadas reflicten que o número de falantes de galego é cada vez menor. A substitución lingüística do galego polo castelán debe entenderse como un proceso complexo, no sentido de poliédrico e historicamente condicionado, onde diferentes dimensións se entrelazan de forma dinámica. Unha das dimensións que cómpre atender ten que ver coa reconfiguración demográfica e socioeconómica en Galicia que afectou a distribución das linguas no territorio. Estas transformacións están ligadas ao avellentamento da poboación, á urbanización (e consecuente desruralización) e á terciarización da economía. Á altura de 2025, determinados indicadores sociais, demográficos e sociolingüísticos comprometen xa a continuidade xeracional da lingua galega.
Neste contexto, o sistema educativo convértese nun espazo clave para observar as dinámicas de desprazamento ou mantemento lingüístico, xa que nel conflúen procesos de socialización, políticas públicas e prácticas familiares. O caso de Santiago de Compostela, capital administrativa e cidade universitaria do país, ofrece un escenario especialmente relevante para a análise sociolingüística, tanto pola diversidade da súa rede escolar (público, concertado e privado) coma pola súa estrutura urbana e a mobilidade residencial que caracteriza a cidade.
Este traballo presenta unha achega de resultados do Mapa sociolingüístico escolar de Santiago de Compostela, unha investigación que combina datos sociolingüísticos e sociodemográficos recollidos entre o profesorado, o alumnado e as familias da educación primaria, secundaria e postobrigatoria da cidade. Inspirado en estudos previos como o Mapa sociolingüístico escolar de Ames, o proxecto busca identificar os factores que estruturan a distribución da poboación no ámbito escolar compostelán segundo a súa relación coas dúas linguas oficiais. A análise aquí exposta céntrase, especialmente, nas relacións entre lingua, mobilidade e territorio. O obxectivo final é integrar estes saberes sobre as dinámicas sociolingüísticas do concello desde unha lectura crítica e situada a fin de repensar as políticas lingüísticas educativas, regradas e non regradas.
Descargas
Citas
Baamonde, Antón (2024). Galicia, distrito industrial. Conversas con Daniel Hermosilla. Vigo: Galaxia.
Cidadanía (2002). Situación da lingua galega no concello de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Concello de Santiago (s/d). Agenda Urbana de Santiago. Análisis y diagnóstico. Santiago de Compostela: Concello de Santiago de Compostela.
Consello da Cultura Galega (2012). Análise da acción en política lingüística no ámbito municipal nos últimos anos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Council of Europe (2024). Sixth evaluation report on Spain. Strasbourg: Council of Europe.
Fernández, Mauro (2017). Los datos secretos del gallego y los límites de las políticas lingüísticas. En: Roberto Bein et al. eds. Homenaje a Elvira Arnoux. Estudios de análisis del discurso, glotopolítica y pedagogía de la lectura y la escritura. Buenos Aires: Universidad de Buenos Aires, vol. 1, 337-359.
Ferrás Sexto, Carlos e Lois González, Rubén C. (1993). Estructura urbana de las áreas metropolitanas gallegas. La estructura urbana de Santiago. ¿Un área metropolitana en proceso de formación? Papeles de Geografía. 19, 115-124.
Formoso Gosende, Valentina (2013). Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Iglesias Álvarez, Ana (2003). Falar galego: “no veo por qué”? Vigo: Edicións Xerais de Galicia.
Instituto Galego de Estatística (2016). Parroquias de Galicia segundo o subgrao de urbanización. Santiago de Compostela: Instituto Galego de Estatística.
Lois González, Rubén C. e Pino, Daniel (2015). Conclusións. En: Rubén C. Lois e Daniel Pino, coords. A Galicia urbana. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 731-755.
Lois González, Rubén C. e Piñeira Mantiñán, María José (2011). A rede urbana e a rápida urbanización do território. En: María José Piñeira Mantiñán e Xosé Manuel Santos Solla, coords. Xeografía de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia,159-227.
Loredo, Xaquín e Gómez, Lidia (2018). A lingua no CEIP Agro do Muíño. A Coruña: Real Academia Galega.
Loredo, Xaquín e Silva, Bieito, coords. (2020). Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO. A Coruña: Real Academia Galega.
Loredo, Xaquín e Vázquez-Grandío, Gabino S. (2022a). A competencia comunicativa oral en galego e castelán ao final do ensino obrigatorio. Boletín da Real Academia Galega. 382, 135-161.
Loredo, Xaquín e Vázquez-Grandío, Gabino S. (2022b). La lengua gallega en el sistema educativo: impacto en las competencias, prácticas y actitudes del estudiantado. Revista Caracol. 24, 171-201.
Monteagudo, Henrique (2017). Historia social da lingua galega. Vigo: Galaxia.
Monteagudo, Henrique e Bouzada, Xan, coords. (2002a). O proceso de normalización lingüística do idioma galego 1980-2000. Volume I. Política Lingüística: Análise e perspectivas. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, Henrique e Bouzada, Xan, coords. (2002b). O proceso de normalización lingüística do idioma galego 1980-2000. Volume II. Educación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Monteagudo, Henrique; Loredo, Xaquín; Gómez, Lidia; e Vázquez-Grandío, Gabino S. (2021). Mapa sociolingüístico escolar de Ames. A Coruña: Real Academia Galega.
Monteagudo, Henrique; Loredo, Xaquín; Nandi, Anik; e Salgado, Xurxo (2019). A importancia dos novos contextos urbanos e periurbanos en Galicia na transmisión lingüística interxeracional da lingua galega. En: Mònica Barrieras e Carla Ferrerós, eds. Transmissions. Estudis sobre la Transmissió Lingüística. Barcelona: EUMO, 11-26.
Monteagudo, Henrique; Loredo, Xaquín; e Vázquez Fernández, Martín (2016). Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. A Coruña: Real Academia Galega.
Monteagudo, Henrique; Loredo, Xaquín; e Vázquez Fernández, Martín (2018). Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992-2016. A Coruña: Real Academia Galega.
Monteagudo, Henrique; Loredo, Xaquín; e Vázquez-Grandío, Gabino S. (2024). Informe sobre a situación da lingua galega segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de 2023. A Coruña: Real Academia Galega.
Monteagudo, Henrique; Loredo, Xaquín; Vázquez-Grandío, Gabino S.; e Nandi, Anik (2021). Prácticas lingüísticas na infancia: A xestión lingüística nos primeiros contextos de socialización. A Coruña: Real Academia Galega.
Monteagudo, Henrique; Nandi, Anik; e Loredo, Xaquín (2020). La transmisión intergeneracional del gallego. HispanismeS. 16.
O’Rourke, Bernadette e Ramallo, Fernando (2015). Neofalantes as an active minority: understanding language practices and motivations for change amongst new speakers of Galician, International Journal of the Sociology of Language. 231, 147-165.
Observatorio Galego de Dinamización Demográfica (2024). Mobilidade e migracións en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Pérez-Ríos, M. e Santiago-Pérez M. I. coords. (2022). Diagnóstico de saúde do Concello de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela e Concello de Santiago de Compostela.
Ramallo, Fernando e Vázquez Fernández, Martín (2020). Condiciones del bilingüismo en la Galicia actual. En: Carmen Pastor Villalba, coord. El español en el mundo. Anuario del Instituto Cervantes. Madrid: Instituto Cervantes, 211-236.
Real Academia Galega. Seminario de Sociolingüística (1994). Lingua inicial e competencia sociolingüística en Galicia. A Coruña: Real Academia Galega.
Rodríguez Carnota, Miguel (2022). Lingua, poder e adolescencia. Vigo: Edicións Xerais.
Vázquez Fernández, Martín (2025). O “desprazamento lingüístico” e o “suxeito neofalante”: aproximación sociolingüística á entrada no contexto universitario. Tese de doutoramento. Universidade de Vigo.