Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica

Descargas

Publicado

2007-08-04

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Víctor Fresco Barbeito

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.29.40

Palabras clave:

árabe, arabismo, empréstimo, calco, transcrición, transliteración

Resumen

A importación ao galego de palabras procedentes do árabe presenta moitas dificultades. Tanto a chegada de arabismos a través doutras linguas como o francés ou o inglés como a ausencia dun método claro para realizar a transliteración e a adaptación afectaron gravemente á calidade do galego que procede da lingua semítica.

Para salvar estes obstáculos, o autor propón unha metodoloxía para a transliteración do árabe desde unha perspectiva galega baseada na fidelidade á escrita orixinal nos grafemas árabes, buscando sempre a simplicidade técnica e a reversibilidade.

Partindo dos resultados desta transliteración, a adaptación dun arabismo ao galego consistiría en dar un paso máis mediante a simplificación das equivalencias gráficas e un conxunto de regras de adaptación á grafía galega. Como exemplo dun resultado práctico, aplica esta metodoloxía a un grupo de termos de temas relacionados coa cultura árabe.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.