Ao ronsel do cantigueiro. Perspectivas etnomusicolóxicas sobre as ensinanzas das cantareiras galegas
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
Aceptado 2026-04-13
Publicado 2026-04-20
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.386.897Palabras clave:
cantareiras, comunidade, territorio, arquivo sonoro, foliadaResumo
Neste artigo gustaríame reflexionar sobre o coñecemento legado polas nosas cantareiras patrimoniais, un coñecemento que, a diferenza do transmitido polos cancioneiros, emerxe das prácticas da escoita e fica inscrito na voz e no corpo colectivos. Trátase dun saber que excede a análise musical tal e como é entendida na praxe académica occidental, e que se manifesta no propio acto de cantar e bailar xuntas. Interésame, así, explorar as ontoloxías do son e do movemento, modos de existencia e de coñecemento que desbordan a linguaxe escrita. Mais tamén quero pensar o que implica escoitar eses corpos e esas voces hoxe. Porque, como demostra a tradición das nosas cantareiras, a voz colectiva foi tamén un modo de facer comunidade, de crear vínculo e de habitar o territorio. Desde aquí propoño ler a idea de comunidade non como algo dado, senón como algo que se constrúe e se actualiza a través de rituais compartidos, entendidos como actos constitutivos e disidentes. Por iso, máis alá das lóxicas da patrimonialización e da nostalxia, as súas voces e os seus corpos poden axudarnos a pensar o presente. Nun tempo no que a modernidade tardía tende á uniformidade sonora e á estandarización das prácticas, o ronsel do cantigueiro segue a ofrecer outra forma de coñecer e de estar no mundo, unha que entende a nosa música e o noso baile como forzas vivas que continúan a trazar as coordenadas colectivas do noso territorio.
Descargas
Citas
Arendt, Hannah (1996). Entre el pasado y el futuro. Ocho ejercicios sobre la reflexión política. Barcelona: Península.
Bernández, Senén, dir. (2008). Pandereteiras de Limiñoa. Alalá. 3ª tempada, capítulo 84. Guión de Teresa Abuín e Pilar G. Rego.
Castelao, Afonso Daniel (1964). As cruces de pedra na Galiza. A Coruña: Real Academia Galega.
Certeau, Michel de (2000). La invención de lo cotidiano. 1: Artes de hacer. Cidade de México: Universidad Iberoamericana.
Connerton, Paul (1989). How Societies Remember. Cambridge: Cambridge University Press.
Feixoo, Xulia e Guillerme, Ignacio (2017). Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral. Santiago de Compostela: aCentral Folque.
Fraguas Fraguas, Antonio (2019 [1956] ). As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Discurso de ingreso na Real Academia Galega. A Coruña: Real Academia Galega.
Giddens, Anthony (1990). The Consequences of Modernity. Cambridge: Polity Press.
Haraway, Donna J. (2019). Seguir con el problema. Generar parentesco en el Chthuluceno. Bilbao: Consonni.
Mandianes Castro, Manuel (1984). Loureses. Antropoloxía dunha parroquia galega. Vigo: Galaxia.
Mandianes Castro, Manuel (2009). Temporalidade do patrimonio. En: X. Antón Fidalgo Santamariña, Xosé Manuel Cid Fernández, Mariló Fernández Senra e Xulio Fernández Senra, coords. II Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego. O patrimonio no século XXI. Ourense: Deputación de Ourense, 15-22.
Pedrayo, Ramón Otero (2019 [1956] ). Resposta ao discurso de ingreso de Antonio Fraguas Fraguas. En: Antonio Fraguas Fraguas, As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. A Coruña: Real Academia Galega, 31-36.
Stokes, Martin (1994). Introduction: Ethnicity, Identity and Music. En: Martin Stokes, ed. Ethnicity, Identity and Music: The Musical Construction of Place. Oxford: Berg, 1-27.
Taylor, Diana (2015). El archivo y el repertorio. La memoria cultural performática en las Américas. Santiago de Chile: Ediciones Universidad Alberto Hurtado.
Turner, Victor W. (1988). El proceso ritual. Estructura y antiestructura. Madrid: Taurus.








