A temporalidade e outros animais na escritura de Xela Arias
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.382.806Palabras clave:
Xela Arias, poética, temporalidade, disonancia, Denuncia do equilibrio, IntempériomeResumo
Os núcleos nos que se centra esta achega son a disonancia, o innominable e o estudo da temporalidade na obra poética de Xela Arias.
A análise da temporalidade parte do poema que abre Denuncia do equilibrio, ten como materia central un poema de Dario a diario e finaliza co poema que inclúe o verso “serse intempestiva”. A disonancia céntrase en dous dos seus mellores versos e no título do seu último libro. Achegámonos ao innominable desde a perspectiva do verso “galicia e nós nó de verbos nos novelos dos nomes”.
Trata tamén outros motivos como a sombra, a lei, a perda, a cidade, a aldea, a ebriedade, a maternidade, o amor e diferentes escenarios tanto urbanos como rurais ou arrabaldes simbióticos.