Ricardo Carvalho Calero na resistencia dos tempos da guerra e da posguerra (1936-1980)
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.381.785Palabras clave:
Galicia, memoria, filoloxía, lingua, literatura, Ricardo Carvalho CaleroResumo
Este traballo achégase aos distintos tempos da traxectoria vital, profesional e intelectual de Ricardo Carvalho Calero nas catro décadas e media que van da segunda metade da dos trinta, marcada polo levantamento de 1936, á década dos setenta final da ditadura, marcada pola morte de Franco en 1975. A achega traza unha visión xeral do autor que constata a coherencia dunha personalidade que se adapta ás diversas circunstancias de guerra, ditadura e transición á democracia. Evidencia a resistencia antifascista fronte á represión na defensa da República coas armas e a supervivencia no cárcere e no exilio interior coas letras.