Carlos Casares e a literatura infantil
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.378.686Palabras clave:
Carlos Casares, Galaxia, literatura infantil, creador, editor, coediciónResumo
A literatura infantil e xuvenil galega débelle moito a Carlos Casares. El foi creador dos primeiros libros en galego para os nenos (A galiña azul ou As laranxas máis laranxas de todas as laranxas). Como tradutor, verqueu ao galego non poucos títulos doutras linguas, entre eles obras de Maria Gripe e, sobre todo, O principiño. De por parte, como editor, no tempo no que dirixiu a Editorial Galaxia o seu traballo supuxo un pulo importante para a literatura dirixida aos pequenos; a el débenselle coleccións como Árbore, Sete mares ou Costa Oeste. Casares era unha persoa divertida que procuraba tecer redes con persoas que traballaban no mundo da edición. A través destes contactos nas feiras internacionais do libro estaba ao tanto do que se publicaba noutros lugares.
Descargas
Citas
Roig Rechou, Blanca-Ana (coord.) (2015): Historia da literatura infantile e xuvenil galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.