Froito do interese pola edición de textos relacionados coa historia de Galicia foi a creación dunha sección especial dedicada a Documentos Históricos que inclúe textos redactados en latín, galego e castelán abranguendo un período de mil anos, do século IX ao XIX. Esta sección, que orixinariamente apareceu inserida nos diferentes números do BRAG a maneira de suplemento e cunha numeración propia, reunida forma unha colección á parte composta por catro volumes publicados en 1915, 1931, 1969 e 1970.
A presente dixitalización abrangue os catro volumes da Colección de Documentos Históricos, e foi posible grazas ao financiamento do Concello da Coruña.








