Ricardo Carvalho Calero na resistencia dos tempos da guerra e da posguerra (1936-1980)

Carmen Blanco

Resumo


Este traballo achégase aos distintos tempos da traxectoria vital, profesional e intelectual de Ricardo Carvalho Calero nas catro décadas e media que van da segunda metade da dos trinta, marcada polo levantamento de 1936, á década dos setenta final da ditadura, marcada pola morte de Franco en 1975. A achega traza unha visión xeral do autor que constata a coherencia dunha personalidade que se adapta ás diversas circunstancias de guerra, ditadura e transición á democracia. Evidencia a resistencia antifascista fronte á represión na defensa da República coas armas e a supervivencia no cárcere e no exilio interior coas letras.


Palabras clave


Galicia; memoria; filoloxía; lingua; literatura; Ricardo Carvalho Calero

Texto completo:

PDF

Visualizacións:

  • Resumo: 0
  • PDF: 0


DOI: https://doi.org/10.32766/brag.381.785


Copyright (c) 2021 Boletín da Real Academia Galega

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega