Os indicadores 'CA' e 'COMA' na comparación en galego
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.34.14Palabras clave:
Correspondencia, Correlación, Representación, Comparación, Comparación nominal, Comparación oracional, IndicadorResumo
En sintaxe hai relacións libres e relacións necesarias. As necesarias son especiais; son correspondencias, que poden ser correlacións ou representacións. Nas correlacións un dos elementos da estrutura posúe significado relativo, intelixible só mediante o do outro elemento, o seu correlativo. Nas representacións o significado dun dos elementos é intelixible pero non propio, pertence ao outro elemento, ao que representa pronominalmente.
A comparación é unha correspondencia, e igualmente pode ser correlativa ou representativa. Cada unha ocorre a dous niveis: o nominal e o oracional, segundo se comparen dous nomes ou os seus equivalentes funcionais dentro dunha mesma oración, ou ben dúas oracións por separado.
Na lingua galega a comparación é singular. Toda comparación correlativa, nominal ou oracional, utiliza a partícula CA como indicador do núcleo do segundo membro. En cambio, a representativa utiliza a partícula COMA se a comparación é nominal, e COMO se é oracional.