Algunhas reflexións sobre a terminoloxía usada en arqueoloxía: arredor do termo 'castrametación' e o seu emprego na lingua galega

Descargas

Publicado

2018-08-02

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • José Manuel Costa-García
  • Concepción Diéguez Diéguez

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.36.3

Palabras clave:

Terminoloxía, lexicografía, arqueoloxía, campamentos romanos, idade moderna

Resumen

O feito de contar cunha terminoloxía propia é un dos elementos que mellor exemplifica a autonomía e solvencia adquiridas por unha disciplina cientí-fica. Ao manterse un discurso formalmente correcto, sensible e axustado ao obxecto de estudo redúcense os equívocos na transmisión do coñecemento. Nesta liña, a partir do estudo histórico do vocábulo castrametación, neste traballo afondaremos na casuística específica da arqueoloxía, na que este proceso dista de estar concluído –o que transmite a imaxe dunha disciplina en construción-, e como a cuestión relaciónase coa escaseza de traballos científicos estrictos en galego.

Este fenómeno evidencia a necesidade dun debate interno na construción dese corpus terminolóxico propio, pero tamén dunha activa colaboración interdisciplinar coa lingüística para que no dito proceso non se cometan excesos ou erros de vulto.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.