Ondas e mareas: palabras que van e veñen
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.32.28Palabras clave:
léxico patrimonial, mar, ondas, mareasResumen
Neste artigo realízase unha recollida comparativa en diferentes lugares da costa galega de termos relacionados co mundo do mar, en concreto coas ondas e as mareas; é dicir, conceptos inmateriais que, talvez pola maior dificultade para traballar sobre eles, quedaron tradicionalmente excluídos en estudos deste tipo, máis centrados en elementos concretos: embarcacións, flora e fauna, artes, aparellos... A recompilación está realizada a partir dunha serie de entrevistas colectivas a mariñeiros xubilados en seis localidades representativas de cada unha das áreas lingüísticas costeiras, e é mostra da inmensa variedade que posúe o léxico patrimonial galego para se referir a unha realidade, a do mar, á que Galicia está vinculada de maneira indisoluble.