A paixase lingüística: unha análise dun espazo público galego

Descargas

Publicado

2011-08-03

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Miguel López Docampo

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.33.20

Palabras clave:

sociolingüística, Paisaxe Lingüística, Pontevedra

Resumen

Neste estudo aplícase por primeira vez a Pontevedra a liña de investigación sociolingüística iniciada por Landry e Bourhis (1997) sobre a Paisaxe Lingüística (PL). Esta consiste na análise da presenza escrita de distintas linguas en espazos públicos, de modo que reflicte a súa vitalidade e pode considerarse unha fonte de información adicional sobre o contexto sociolingüístico. Ademais, A PL tamén contribúe á explicación das razóns que levan ao uso dunha lingua en lugar doutra.

O estudo da Paisaxe Lingüística resulta especialmente interesante en Pontevedra pola situación de conflito lingüístico existente en toda Galicia entre a lingua propia (o galego) e a lingua foránea (o castelán). Os datos cuantificables sobre a utilidade pública do galego nas rúas de Pontevedra reflectirán a súa vitalidade.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.