Revisión das actitudes lingüísticas da mocidade galega: Resultados dunha achega indirecta e cualitativa
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.25.71Abstract
Durante os anos 90, a Real Academia Galega elaborou o Mapa Sociolingüístico de Galicia, un gran estudo cuantitativo de máis de 38.000 entrevistas no que se facía unha descrición pormenorizada da situación sociolingüística sondando catro dimensións: lingua inicial, competencia, usos e actitudes lingüísticas.
O proxecto de investigación ‘Deseño de medidas para mellora las actitudes cara ó galego e incrementa lo seu uso’ na súa elaboración dun diagnóstico actitudinal pretende facer unha revisión dos resultados da última dimensión utilizando unha metodoloxía distinta, onde a triangulación adquire unha especial relevancia, combinando metodoloxías cuantitativas e cualitativas (medición indirecta de actitudes, entrevistas en profundidade e grupos de discusión).
Os resultados atopados difiren dos obtidos no MSG. Resultan especialmente rechamantes aqueles que amosan resistencias fronte á normalización do galego.