Un futuro incerto: a variación ir + inf. e haber (de) + inf. no galego oral contemporáneo

Descargas

Publicado

11-12-2023

Número

Sección

Artigos

Autores/as

  • Daniel Amarelo Universitat Oberta de Catalunya (UOC)

DOI:

https://doi.org/10.32766/cdl.40.820

Palabras clave:

futuro, galego, evidencialidade, corpus, variacionismo

Resumo

Este traballo analiza a variación da expresión do futuro no galego oral contemporáneo. Este ten mecanismos de expresión de futuridade que van alén do futuro sintético: perífrases con ir e haber + infinitivo, por unha banda, e o uso do presente por futuro, pola outra (Álvarez & Xove 2002; Freixeiro Mato 2006). As formas con ir e haber coexisten para a referencia temporal futura e serán as protagonistas da presente investigación. Que factores lingüísticos favorecen cada unha das formas? Conserva haber + inf. usos derivados das súas orixes deónticas? Como se relacionan ambas as dúas formas cos seus respectivos procesos de gramaticalización? Para iso, reúnense 150 exemplos de futuro perifrástico (ir + inf.) e 150 exemplos de futuro con haber (haber (de) + inf.) extraídos do Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega e codificados segundo diversos factores linguísticos. Despois dunha análise variacionista co programa estatístico Goldvarb/Vabrul, móstranse os resultados cuantitativos dos factores estatisticamente significativos. A continuación, ofrécense algunhas lecturas analíticas desta variación desde a lingüística baseada no uso. En definitiva, este traballo deita luz sobre as finas fronteiras entre temporalidade e modalidade no ámbito do futuro, así como sobre os posíbeis procesos de gramaticalización destas formas en competencia.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Biografía do autor/a

Daniel Amarelo, Universitat Oberta de Catalunya (UOC)

Doutoramento en Humanidades e Comunicación / Sociolingüística Crítica

Estudis d'Arts i Humanitats

Universitat Oberta de Catalunya (UOC)

Citas

Aaron, Jessi E. (2010): Pushing the envelope: Looking beyond the variable context, Language Variation and Change. 22(1), 1-36.

Aikhenvald, Alexandra Y. (2011): The grammaticalization of evidentiality, en Bernd Heine e Heiko Narrog (eds.), The Oxford Handbook of Grammaticalization. Oxford: Oxford University Press, online.

Álvarez, Rosario e Xosé Xove (2002): Gramática da lingua galega. Vigo: Galaxia.

Benveniste, Émile (1968): Mutations of linguistic categories, en W. P. Lehmann & Malkiel Yakov (eds.), Directions for historical linguistics: A symposium. Austin: University of Texas Press, 83-94.

Bybee, Joan (2010): Language, usage and cognition. Cambridge: Cambridge University Press.

Bybee, Joan, Revere Perkins e William Pagliuca (1994a): Future, en Joan Bybee, Revere Perkins e William Pagliuca (eds.), The Evolution of Grammar. Tense, Aspect, and Modality in the Languages of the World. Chicago: University of Chicago Press, 243-280.

Bybee, Joan, Revere Perkins e William Pagliuca (1994b): Mood and Modality, en Joan Bybee, Revere Perkins e William Pagliuca (eds.), The Evolution of Grammar. Tense, Aspect, and Modality in the Languages of the World. Chicago: University of Chicago Press, 176-242.

Cidrás Escáneo, Francisco (2009): Os camiños da gramática: unha aproximación á variación e o cambio lingüístico desde a sintaxe do galego. Estudos de Lingüística Galega 1, 27-46.

CORILGA = Regueira, Xosé Luís, dir. (2013-): Corpus Oral Informatizado da Lingua Galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega.

Cunha, Luís Filipe (2021). Propriedades temporais do Futuro Simples em Português Europeu. Estudos de Lingüística Galega. 13, 29-66.

Dall’Aglio Hattner, Marize M. e Hengeveld, Kees (2016). The grammaticalization of modal verbs in Brazilian Portuguese: A synchronic approach. Journal of Portuguese Linguistics. 15(1), 1-14.

Ferrari, Lilian Vieira e Alonso, Karen Sampaio Braga (2009). Subjetividade e construções de futuro no português brasileiro. Alfa. 53(1), 223-241.

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2001). Sobre as perífrases verbais en galego (do século xix á actualidade). En: Isabel Margarida Duarte, Joaquim Barbosa, Sérgio Matos e Thomas Hüsgen, coords. Encontro Comemorativo dos 25 anos do Centro de Linguística da Universidade do Porto: 22-24 de novembro de 2001. Porto: Centro de Linguística da Universidade do Porto, 269-286.

Freixeiro Mato, Xosé Ramón (2006). Gramática da lingua galega. Vol. II – Morfosintaxe. Vigo: A Nosa Terra.

García Represas, Delio (2001). A necesidade e maila obriga en galego. Cadernos de Lingua. 1(23), 89-116.

Hopper, Paul J. e Traugott, Elizabeth C. (2003). Grammaticalization. Cambridge: Cambridge University Press.

Marques, Rui (2020). Epistemic future and epistemic modal verbs in Portuguese. Journal of Portuguese Linguistics. 19(7), 1-30.

Montero Küpper, Silvia (1999). A categoría da modalidade en alemán e galego. En: Dieter Kremer, ed. Actas do V Congreso Internacional de Estudios Galegos / Akten des 5. Internationalen Kongresses für Galicische Studien. 8-11 de outubro de 1997. Volume I. Trier: Galicien-Zentrum der Universität Trier, 727-737.

Palmer, Frank R. (1986). Mood and Modality. Cambridge: Cambridge University Press.

Poplack, Shana e Malvar, Elisabete (2007). Elucidating the transition period in linguistic change: The expression of the future in Brazilian Portuguese. Probus. 19, 121-169.

Rojo, Guillermo (1974). Perífrasis verbales en el gallego actual. Verba. Anuario Gallego de Filología. Vol. I, Anejo 2. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela.

Sankoff, David; Tagliamonte, Sali A.; e Smith, Eric (2005). Goldvarb X: A Variable Rule Application for Macintosh and Windows. Toronto: University of Toronto.

Tagliamonte, Sali A. (2012). Sociolinguistics as Language Variation and Change. En: Sali A. Tagliamonte, ed. Variationist Sociolinguistics: Change, Observation, Interpretation. Malden, MA: Wiley-Blackwell, 1-24.