Que buscan os usuarios habitualmente no Dicionario da Real Academia Galega?
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.37.746Palabras clave:
DRAG, lexicografía, uso do dicionario, Real Academia Galega, corrección lingüísticaResumo
A partir da análise dos datos das palabras máis buscadas no DRAG durante o ano 2017, preténdese descubrir que tipo ou tipos de información buscan prioritariamente os usuarios do Dicionario da RAG e cales son os factores que inducen principalmente a un usuario a acudir ao dicionario en busca de información. O estudo destes datos móstranos que amais do significado dunha voz, o usuario tamén adoita buscar outros tipos de información: autenticidade da voz, ortografía correcta, pronunciación, información morfolóxica... No estudo conclúese que os dous factores externos que máis inflúen no número de buscas dunha palabra son a circulación desta nos medios de comunicación social e a súa presenza no mundo escolar.
Descargas
Citas
Borrazás, X. (1994): Criminal. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
CORGA = Rojo, G. e M.ª S. López Martínez (dirs.) (2019): Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) [3.1]. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Dispoñible en http://corpus.cirp.gal/corga/.
DRAG = González González, Manuel (dir.) (2006-): Dicionario da Real Academia Galega [web]. A Coruña: Real Academia Galega. Dispoñible en https://academia.gal/dicionario
González González, M. [et al.] (2002): Dicionario de verbos galegos Laverca. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. (Contén CD-ROM co programa Laverca 1.0).
Méndez Ferrín, X.L. (2017): “Chimpín”, Faro de Vigo 19/V/2017.
Regueira, X. L. (2010): Dicionario de pronuncia da lingua galega. A Coruña: Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega.
TILG = Santamarina, A.(dir.) (2018): Tesouro informatizado da lingua galega (4.1). Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. Dispoñible en http://ilg.usc.es/TILG/
Valadé del Río, E. (1993): Pleno ordinario. (Súas señorías e a leria das autovías). Santiago de Compostela: Edicións Laiovento.