A deturpación da toponimia galega do Eo-Navia
DOI:
https://doi.org/10.32766/cdl.30-31.33Palabras clave:
Toponimia, onomástica, lexislación lingüística, substitución lingüísticaResumo
No territorio asturiano do Eo-Navia estase efectuando un proceso acelerado de dobre substitución lingüística e cultural. Á imposición histórica do español únese agora a imposición política de usos lingüísticos e culturais da Asturias central. Iso ten un forte impacto na toponimia desta zona, e os topónimos galegos galegos autóctonos están a ser deturpados. Coa nova lexislación, as autoridades lingüísticas e culturais galegas, así coma a Xunta de Galicia, poderían axudar á restauración das formas toponímicas auténticas e autóctonas.
Descargas
Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.