A tradición bíblica e clásica na poesía de Carvalho Calero (con comentario de cinco poemas)

Descargas

Publicado

20-12-2020

Cómo citar

Vélez Latorre, X. M. (2020) “A tradición bíblica e clásica na poesía de Carvalho Calero (con comentario de cinco poemas)”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (381), pp. 303–315. doi: 10.32766/brag.381.799.

Número

Sección

Traballos de investigación e estudo

Autores/as

  • Xosé Manuel Vélez Latorre

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.381.799

Palabras clave:

Ricardo Carvalho Calero, poesía, mitoloxía, tradición clásica, Catulo, Aquiles

Resumo

Neste estudo tratamos a importancia dos mitos grecorromanos (e tamén dos mitos bíblicos) na poesía de Carvalho Calero. O mito sérvelle non só como simple adorno estético ou culturalista, senón como medio de reflexión, nunha poesía filosófica e existencial de transfundo cristián. Algúns poemas de Salterio de Fingoy tratan a Orfeo, Dionisos, Xoán o Bautista e Salomé. Analízase o poema “Abisag”, publicado xa en 1931; un dos primeiros exemplos da recepción da poesía de Rilke no ámbito ibérico. Analízase tamén o poema sobre Catulo “Onde eu escrevo Lésbia, lé ti Clódia”, en que se dá unha reflexión metaliteraria sobre a voz lírica e a figura (e a realidade) da amada poética; un exemplo interesantísimo de recepción da tradición clásica nun poeta moderno. Os últimos poemas analizados son os dedicados á figura de Fénix e Aquiles, que parten dun profundo coñecemento por parte de Carvalho da Ilíada de Homero, en concreto da situación do Libro 9 deste poema épico. A situación de Aquiles nese episodio ten curiosas semellanzas coa situación biográfica de Carvalho con respecto aos seus antigos amigos e compañeiros do grupo Galaxia. En todo caso, Carvalho é un mestre do xogo hipertextual na súa poesía.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Baldomir Cabanas, X. X. (2007). A poesía de Ricardo Carvalho Calero en Futuro Condicional (1961-1980). Boletín Galego de Literatura, 36-37, 7-36. Dispoñible en http://hdl.handle.net/10347/2126

Carvalho Calero, R. (1992). Fillo de Eva. (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero). Ferrol: Sociedade de Cultura Valle Inclán. Edición de P. Pallarés.

Genette, G. (1982). Palimpsestos. La literatura en segundo grado. Madrid: Taurus.

Herrero Figueroa, A. (1981). A procura da transcendencia en Salterio de Fingoy. Grial, 74, 480-489.

Lasso de la Vega, J. (1989). La presencia del mito griego en nuestro tiempo. Gerión, 2 (núm. extra), 99-114.

Lillo Redonet, F. (1996). Algúns usos da mitoloxía clásica na poesía galega de Pondal, Cunqueiro e Carballo Calero. Galicia dende Salamanca, 1, 67-87.

Lillo Redonet, F. (1997). La temática homérica en la poesía gallega. Cuadernos de Filología Clásica. Estudios griegos e indoeuropeos, 7, 263-286.

Lillo Redonet, F. (1998). Presencia de Catulo y Tibulo en la poesía gallega del siglo XX. Cuadernos de Filología Clásica. Estudios Latinos, 14, 285-299.

Losada, J. M. (2016). Los mundos del mito. En: J. M. Losada, ed. Mitos de hoy. Ensayos de mitocrítica cultural. Berlin: Logos-Verlag, 109-185.

Pallarés, P. (2002). Carvalho Calero. Mitos para un exílio. En: T. López e F. Salinas, eds. Actas do Simposio Ricardo Carvalho Calero. “Memoria do século”. A Coruña: Universidade da Coruña / Asociación Socio-Pedagóxica Galega, 183-202.

Rodríguez Fer, C. (1989). Poesía galega. Crítica e metodoloxía. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

Vélez Latorre, X. M. (2015). A tradición clásica en Lanza de soledá (1961) de Aquilino Iglesia Alvariño: dun existencialismo agnóstico a unha relixiosidade mistérica. A Trabe de Ouro, 104, 61-73.

Vélez Latorre, X. M., (2019). Redescubrir Pondal para o século XXI: tradición clásica e creación poética n’Os Eoas. A Trabe de Ouro, 112, 69-82.