Procesos de creación entre a literatura e o xornalismo
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.384.858Palabras clave:
Voces da narrativa, xornalismo e literatura, hibridación de xéneros, hemeroteca, documentación literaria, pacto de ficciónResumo
As canles polas que transitan o xornalismo e a literatura comparten transvases, como é ben sabido, dende a aparición mesma das primeiras publicacións de carácter informativa. Constitúen dúas esferas que, ademais de apostar pola hibridación ou pola mestizaxe, tenden a se contaminar tanto en recursos coma en medios, fórmulas, formatos ou obxectivos. Os procesos de creación literaria enléanse do nobelo, por momentos confuso, que se constitúe cos fíos de dous oficios ás veces complementarios e ás veces coincidentes, malia que en moitos casos e nun estrito senso deberan ser incluso antagónicos. Consideracións desta natureza conflúen de forma recorrente nos autores e nas autoras nas que converxen ou converxeron estas dúas actividades. Na xornada Voces da narrativa: diálogos entre novas voces das letras galegas, organizada pola Real Academia Galega en novembro de 2023, abordouse este aspecto a través da experiencia creativa do autor das seguintes páxinas.