Francisco Fernández del Riego, Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero, en rede
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.384.844Palabras clave:
Francisco Fernández del Riego, Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro, Luis Seoane, Álvaro Cunqueiro, epistolario, Galeguismo, redesResumo
A análise de varios epistolarios que mantiveron conectado Del Riego con diversas amizades galeguistas na posguerra (nomeadamente con Cunqueiro e Carballo Calero mais non só) revela algunhas características singulares das redes colaborativas do galeguismo cultural. De carácter interxeracional, sustentadas en vencellos amicais e articuladas a partir da asunción dos principios de disciplina e lealdade, as devanditas redes poñen de manifesto a asunción dos roles que a cada quen se lle adxudicaban no grupo; no caso de Del Riego, os epistolarios permiten constatar a súa polifacecia pero tamén como desenvolveu o liderado executivo do proxecto Galaxia. Por último, un aspecto de interese non menor destes corpus radica na perspectiva que nos ofrecen sobre a construción dos vínculos afectivos e a manifestación de emocións e sentimentos nas masculinidades da época.
Así, este traballo pon de manifesto a utilidade dos epistolarios como conxuntos documentais operativos moito máis alá de dinámicas privadas e bidireccionais. Ademais, nos casos que aquí se analizan, demóstrase a súa funcionalidade estrutural na construción dunha rede rizomática de relacións que permitiu o desenvolvemento na posguerra dunha cultura galeguista vizosa e diversa, na que Del Riego desempeñou unha función nodal.
Descargas
Citas
Carballo Calero, Ricardo (2006). Epistolario a Fernández del Riego. Vigo: Galaxia. Edición de Dolores Vilavedra e Montserrat Pena.
Cunqueiro, Álvaro (2003). Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego: 1949-1961. Vigo: Galaxia. Edición de Dolores Vilavedra.
Fernández del Riego, Francisco (2000). Un epistolario de Ramón Piñeiro. Vigo: Galaxia.
Lapa, Manuel Rodrigues (2001). Cartas a Francisco Fernández del Riego sobre a cultura galega. Vigo: Galaxia.
Neira Vilas, Xosé (2013). Cartas e lembranzas. Epistolario con Francisco Fernández del Riego 1959-2007. Vigo: Galaxia.
Seoane, Luis (2014). Luis Seoane depositado na Fundación Luis Seoane. Proxecto Epístola [web]. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.
Tobío, Lois (2020). Lois Tobío no seu arquivo persoal. Proxecto Epístola [web]. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.