Intelectuais e autonomía

Descargas

Publicada

24-11-2017

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Antón Baamonde

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.378.695

Palabras clave:

nacionalismo, galeguismo, Autonomía, Transición, federalismo, franquismo renovado

Resumo

Non pode entenderse o horizonte político do galeguismo senón é usando a linguaxe do nacionalismo. Como pode comprobarse cando se analiza o movemento galeguista no final do franquismo e no momento da transición política, a súa preferencia era por partidos de ámbito propiamente galego e por unha España federal na que puidesen satisfacerse as demandas nacionais de Galicia, tanto materiais como morais. Só nun segundo momento, cando se comproba o éxito electoral da UCD e AP en Galicia –partidos que estaban formados por xente que proviña da administración franquista–, dáse o paso claro ao galeguismo entendido como unha acción transversal. Esa dilución da mensaxe buscaba unha maior eficacia para similares obxectivos de fondo. Os galeguistas adaptáronse –intercambiaron lexitimidade por influencia– pero mantiveron un programa nacionalitario.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.