Diarios de viaxe inéditos de Valentín Paz-Andrade

Descargas

Publicado

13-11-2012

Cómo citar

García López, E. (2012) “Diarios de viaxe inéditos de Valentín Paz-Andrade”, Boletín da Real Academia Galega. A Coruña, (373), pp. 261–274. doi: 10.32766/brag.373.412.

Número

Sección

Estudos sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas

Autores/as

  • Emilia García López

DOI:

https://doi.org/10.32766/brag.373.412

Palabras clave:

literatura de viaxes, textos inéditos, economía pesqueira, FAO, Valentín Paz-Andrade

Resumo

As notas publicadas recentemente como diarios de viaxe de Valentín Paz-Andrade (Lérez, Pontevedra, 1898-Vigo, 1987) permanecían inéditas, desde hai sesenta anos, nas gabetas da súa marabillosa biblioteca da súa casa Pousa Nova do Mar en Samil (Vigo).

O seu autor, poeta, xornalista, economista, empresario e tamén político galeguista, percorreu o Novo Continente, desde Canadá ata Chile, na década dos cincuenta do século pasado. Viaxou como Delegado para América Latina da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), pois era un recoñecido especialista en economía pesqueira.

O resultado daquela experiencia recolleuno o autor nuns textos que na súa inmensa maioría permaneceron inéditos e que se caracterizan por unha prosa riquísima que combina o lirismo fondo do poeta cunha análise profunda e certeira dos lugares, xentes e acontecementos, que ía atopando ao seu paso. Os lugares dos que os textos gardan testemuño foron: Nova York, México: Guanajuato, Jalisco, Pátzcuaro; Colombia: Val do Cauca, Illas Gorgonas, Cali, Tumaco, Buenaventura, Cartaxena de Indias; Brasil: costa do Estado de Pernambuco e finalmente chegada a Santiago de Chile.

Estas notas, ás veces manuscritas e outras pasadas a máquina, foron descubertas grazas ao esforzo e apoio do Consello da Cultura Galega para a organización e dixitalización do arquivo persoal do autor, e tamén á grata disposición da familia de Valentín Paz-Andrade, co fin de que, en 2012, o fondo persoal do autor estivera a disposición dos investigadores durante a celebración do Día das Letras Galegas.

Descargas

Os datos de descargas aínda non están dispoñibles.

Citas

Calvo, Tucho (2011): Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX. Cesuras: Biblos Clube de Lectores.

Carballa, Xan (2012): Biografía de Valentín Paz-Andrade. Vigo: Editorial Galaxia.

García López, Emilia (ed.) (2013): Diarios de viaje. Los itinerarios inéditos de América, 1952-1955. Santiago de Compostela: Alvarellos Editora.

Llorens García, Ramón F. (1991): Los libros de viajes de Miguel de Unamuno. Alicante: Caja de Ahorros Provincial.

Paz-Andrade, Valentín (1997): Epistolario. Sada: Ediciós do Castro. Edición ao coidado de Charo Portela e Isaac Díaz Pardo.

Paz-Andrade, Valentín (2012): Poesía completa. Vigo: Edición Xerais de Galicia. Ed. Gregorio Ferreiro Fente.

Paz-Andrade, Valentín (2012): Canto do pobo disperso. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. Edición de María Xesús Lama López.

Paz-Andrade, Valentín (2012): Castelao na luz e na sombra. Vigo: Editorial Galaxia. Edición de Miguel Anxo Seixas Seoane.

Portela Yáñez, Charo (2012): Valentín Paz-Andrade: biografía e antoloxía. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.