Lois Pereiro: a xeración sen rede
Descargas
Publicado
Cómo citar
Número
Sección
DOI:
https://doi.org/10.32766/brag.372.376Palabras clave:
Lois Pereiro, biografía, xeración, anos 80, taxonomías, institucións culturais, infortunio, portavoz, underground, romantismo, frustración, redeResumo
O autor comeza anotando a marxinalidade forzosa á que nos anos oitenta eran sometidas certas propostas culturais. Analiza despois os paradigmas utilizados pola crítica literaria desde 1976 para marcar as sucesivas xeracións, e advirte que se trata de etiquetas baleiras e descontextualizadas. A seguir, afirma que a conmemoración do Día das Letras na honra de Lois Pereiro será un revulsivo. O poeta Lois Pereiro, tocado polo don da verdade, pode ser lido a partir de varias xenealoxías culturais complementarias. Pertenceu a unha xeración sen rede nos duros e contrarrevolucionarios 80 e converteuse, de xeito involuntario, en portavoz desa xeración.