Olla e mira, dous marcadores discursivos en tres linguas: portugués, galego e español

Soraya Domínguez Portela

Resumo


Neste traballo preséntase unha descrición do funcionamento dos marcadores discursivos (MD) olla / olha en galego e portugués e mira en galego e español. Polo tanto, este é un traballo encadrado na liña de investigación da análise do discurso, combinada coa lingüística contrastiva. Nestas páxinas trátanse de maneira principal a cuestión de por que certas formas dos verbos de percepción adoitan desenvolver unha función discursiva, o funcionamento e os valores dos MD olla / olhamira nun corpus exemplos das tres linguas, e mais os contrastes existentes entre elas. De maneira máis específica, analizaranse as diferenzas entre olla e mira en galego e as súas causas.


Palabras clave


marcador discursivo, verbos de percepción, contacto de linguas, olla/olha, mira

Texto completo:

PDF


Cadernos de Lingua
ISSN: 1130-5924
ISSN-e: 2603-6975
Real Academia Galega