Carlos Casares e a literatura infantil

Francisco Xavier Senín

Resumo


A literatura infantil e xuvenil galega débelle moito a Carlos Casares. El foi creador dos primeiros libros en galego para os nenos (A galiña azul ou As laranxas máis laranxas de todas as laranxas). Como tradutor, verqueu ao galego non poucos títulos doutras linguas, entre eles obras de Maria Gripe e, sobre todo, O principiño. De por parte, como editor, no tempo no que dirixiu a Editorial Galaxia o seu traballo supuxo un pulo importante para a literatura dirixida aos pequenos; a el débenselle coleccións como Árbore, Sete mares ou Costa Oeste. Casares era unha persoa divertida que procuraba tecer redes con persoas que traballaban no mundo da edición. A través destes contactos nas feiras internacionais do libro estaba ao tanto do que se publicaba noutros lugares.


Palabras clave


Carlos Casares; Galaxia; literatura infantil; creador; editor; coedición

Texto completo:

PDF

Citas


Roig Rechou, Blanca-Ana (coord.) (2015): Historia da literatura infantile e xuvenil galega. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.




DOI: https://doi.org/10.32766/brag.378.686


Copyright (c) 2018 Boletín da Real Academia Galega

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega