A poesía última de Manuel María. Os libros que abren o seu canto final

Manuel López Foxo

Resumo


Este artigo pretende revalorizar os libros a través dos cales Manuel María renova a súa linguaxe poética durante a década de 1970 e os títulos cos que el contribúe ao cambio de dirección que ten lugar na poesía galega desa época. Segundo o autor deste traballo, a nova linguaxe poética na obra de Manuel María xa emerxe no libro Informe para axudar a alcender unha cerilla, que o poeta escribe en 1970. Podémola observar tamén nos versos de Aldraxe contra a xistra e Laio e clamor pola Bretaña, dúas obras escritas en 1972. Continúa e toma corpo coa colección de poemas O libro das baladas, escrito en 1973, manifestándose igualmente nas formas rupturistas da súa poesía máis militante (Cantos rodados para alleados e colonizados e Poemas para construír unha patria). E dá un paso xigantesco nos seus Poemas ao outono, que naceron e renaceron entre outubro de 1975 e mediados de 1976: vinte sonetos que abren de xeito definitivo a última etapa creadora do poeta, o seu canto derradeiro, un corpus lírico que mesmo nun período anterior á emerxencia da poesía da década de 1980 nos ofrece libros tan marabillosos como Cecais hai unha luz, escrito a mediados de 1979, e Poemas da labarada estremecida, producido en 1980.


Palabras clave


Renovación da linguaxe poética; poesía última; viaxe interior

Texto completo:

PDF

Citas


García-Bodaño, Salvador (2016): “Evocación de Manuel María”, en Luís Cochón e Luís Alonso Girgado (eds.), Manuel María. Cecais hai unha luz. Memorabilia. Cadernos Ramón Piñeiro XXXV. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 105-110.

Gómez Torres, Camilo (2016): A poesía de Manuel María. [Outeiro de Rei]: Casa-Museo Manuel María.

Mato Fondo, Miguel A. (2011): Señardade da luz (A obra poética de Manuel María). A Coruña: Asociación cultural Alexandre Bóveda.




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega