Cabanillas, Cambados e o vento mareiro

Francisco Fernández Rei

Resumo


O presente traballo analiza algunhas características da poesía inicial de Ramón Cabanillas (1876-1959). Despois dunhas notas sobre a saudade da paisaxe e do seu mundo cambadés en No desterro (1913), o relatorio céntrase na relevancia do segundo poemario do autor, Vento mareiro (1915), na modernización da lírica galega e a súa recepción entre a elite galeguista do momento, polo que o “poeta arelado” pasaría a ser o “Poeta da Raza” ó se constituíren as Irmandades da Fala no 1916. A seguir trátase a paisaxe e outros elementos da vila natal do poeta presentes na obra, xa no propio título; e logo dunhas consideracións sobre documentacións literarias do sintagma vento mareiro e a súa significación no galego oral de Cambados e de Rianxo, analízase a orixe da cuberta de Castelao para a edición do 1921 deste poemario de Cabanillas, ben acollido polo vangardismo galego desta década.


Palabras clave


Ramón Cabanillas; poesía galega; paisaxe; vento mareiro; Castelao; Hokusai

Texto completo:

PDF

Citas


Asaka, Takekazu (2015): En torno á cuberta de Vento mareiro de Ramón Cabanillas. Toquio (inédito).

Barcia Caballero, Juan (1917): “Da terra asoballada”, El Eco de Santiago 8/VIII/1917. Reproducido en Cabanillas 1981: 618-619.

Cabanillas, Ramón (1979): Obras completas. Vol. I. Madrid: Akal. Edición e notas de Xesús Alonso Montero.

Cabanillas, Ramón (1981): Obras completas. Vol. III. Madrid: Akal. Edición, limiar, notas e bibliografía de Xesús Alonso Montero.

Carballo Calero, Ricardo (1959): “Notas sobor da obra de Ramón Cabanillas”, en Ramón Cabanillas, Obra completa. Buenos Aires: Galicia, 13-41 [O colector da obra foi Francisco Fernández del Riego].

Caride Ogando, Ramón (1988): “Oitenta e tres anos de Vento mareiro”, en Vento mareiro. Celebración da publicación dun libro mítico. [Cambados]: Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, s.p.

Dieste, Rafael (19733): Arquivos do trasno. Vigo: Galaxia.

Fernández del Riego, Francisco (2000): “A miña visión do poeta cambadés”, Pontenorga. Revista de Estudios Sociolingüísticos 2, 21-31. [=Actas das I Xornadas sobre Ramón Cabanillas. Cambados 6-7 novembro 1999].

Fernández Rei, Francisco (2015): Ramón Cabanillas, Cambados e o mar da Arousa. Vigo: Edicións Xerais de Galicia.

L[ópez] Aydillo, Eugenio (1915): “El revivir de la lírica gallega. El gran poeta Cabanillas”, Estudios Gallegos, 14, 1-2. Reproducido en Cabanillas 1981: 607-610.

Manuel Antonio (2014): Obra completa. Volume II: Poesía. A Coruña: Fundación Barrié / Real Academia Galega. Edición e notas de Xosé Luís Axeitos Agrelo.

Manuel Antonio (2015): Obra completa. Volume III: Epistolario. A Coruña: Fundación Barrié / Real Academia Galega. Edición e notas de Xosé Luís Axeitos Agrelo.

Millán Otero, Xosé M. (1996): “O anuncio dos novos tempos: Ramón Cabanillas”, en Alberte Ansede Estraviz e Cesáreo Sánchez Iglesias (dirs.), Historia da literatura galega. Vigo: Asociación Socio-Pedagóxica Galega / A Nosa Terra.

Pena, Xosé Ramón (1996): Manuel Antonio e a vangarda. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.

Peña Novo, L[ois] (1917): “Cabanillas, Barcia Caballero”, A Nosa Terra 28-29, 1-2. Reproducido en Cabanillas 1981: 620-623.

Rei Núñez, Luís (2000): “Cabanillas en Cambados: a forxa dun poeta”, Pontenorga. Revista de Estudios Sociolingüísticos 2, 33-52. [=Actas das I Xornadas sobre Ramón Cabanillas. Cambados 6-7 novembro 1999].

Rei Núñez, Luís (2009): Ramón Cabanillas. Crónica de desterros e saudades. Vigo: Galaxia.

Rei Romeu, Manuel (1989): “A recepción crítica da obra de Cabanillas”, en Ramón Cabanillas. Camiño adiante. A Nosa Terra, extra A Nosa Cultura 10, 66-78.

Risco, Vicente (1922): “Vento mareiro”, Nós 10, 23. Reproducido en Cabanillas 1981: 627.

Rodríguez Castelao, Alfonso (1971): Galicia y Valle-Inclán. Lugo: Celta.

TILG = Santamarina, Antón (coord.): Tesouro informatizado da lingua galega. Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega. <http://ilg.usc.es/TILG/> [Consultado: outubro 2015 e febreiro 2016]

X [= Villar Ponte, Antón] (1917): “Ramón Cabanillas, Poeta da Raza”, A Nosa Terra 32, 6; 33, 6; 34, 6; 35, 5; 37, 6; 38, 6 e 39, 6. Reproducido en Cabanillas 1981: 615-617.




Copyright (c) 2018 Boletín da RAG

Boletín da Real Academia Galega
ISSN: 1576-8767
ISSN-e: 2605-1680
Real Academia Galega